TEÑO UNHA HORTA
O proxecto quere difundir e compartir o coñecemento e a experiencia das mulleres en relación cos traballos no campo.
A actividade ponse en marcha no ano 2015 desde a Aula Cemit do concello e une alfabetización dixital e audiovisual coa preservación dos saberes da agricultura tradicional. A través de videotutorias na súa canle de Youtube,"Teño unha horta en San Sadurniño" dan a coñecer as labores agrícolas ensinando trucos e tarefas tradicionais.
Neste proxecto participan Consuelo Picos, Cruz Piñón, Lucía Pita, Carmen Couce, Carmen Bouza e Carmen Suárez.
Visita as súas hortas:A horta de Consuelo; A horta de Cruz; A horta de Lucita; A horta de Carmiña; A horta de Maruxa
Lamas, 2017
Cruz, Consuelo, Maruxa, Lucita e Carmiña poñen en marcha unha nova aventura nas hortas de San Sadurniño, sementar boniatos. Nun concello onde está prohibido plantar patacas pola praga da couza guatemalteca, estas mulleres pretenden innovar nos seus cultivos e buscar alternativas á pataca.
Aprende neste vídeo cómo plantar estes tubérculos e as tres clases de boniatos que sementan (California, Georgia Jet e Beaurregard.
2017-07-29 01:37:37
Pues me gustaría comentar sobre el vídeo... pero es que no lo veo....me pone que es privado ;), será a mi solamente?
2017-07-29 16:50:26
Solucionado..., Loly ya se puede ver el vídeo. Muchas gracias por seguirnos.
Temas: Horta de Maruxa, Horta de Carmiña, Horta de Cruz, Horta de Consuelo, Horta de Lucita, emprendedor@s, Ferreira, Igrexafeita, Internet, labregos e labregas, Lamas, muller, Naraío, San Sadurniño (Concello), traballos, vídeos, xente
Autor/a: Carmen Couce Picos