Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

natureza

San Sadurniño é un paraíso natural. Os miradoiros naturais da Serra de Forgoselo , brava área natural protexida pola Rede Natura 2000; A pena do Rei Mouro, un dos meirandes conglomerados de seixo de Galicia; O Coto Agudo cun absoluto control visual de toda a contorna; o Pico San Vicente, onde se mesturan lenda e historia; os paseos fluviais do Río Xuvia e o río Aceiteiro con máis de 4 km ás beiras do río; O río Castro que destaca polo seu valor natural, ecolóxico e paisaxístico considerado como Lugar de Interese Comunitario; As paisaxes megalíticas, as áreas recreativas das sete parroquias, as máis das 100 fontes do Concello, o arboreto ou a horta de conservación de froitas autóctonas conforman un Concello cun extraordinario patrimonio natural e paisaxístico.

"O encanto da natureza"

Serra do Forgoselo, 2023

8ª Chanfaina Lab (29). Estrea: venres 7 de xuño do 2024
Guión e dirección: Catalina Rodríguez
Fotografía: Catalina Rodríguez, Jaime Rodríguez
Montaxe: Iago Lourido
Música: The Essay · Aaron Zigman; Hollywood Studio Symphony; The Horse Whisperer OST- 7. Montana; HAUSER - Tennessee (from Pearl Harbor)
Sinopse: "A beleza e sinxeleza da vida duns animais salvaxes no seu entorno natural na Serra do Forgoselo"
Duración: 3:10’’
Gravado na Serra do Forgoselo dentro do programa da 8ª Chanfainalab



Catalina Rodríguez (Lamas, 2004).
Estuda na facultade de Veterinaria en Madrid. Comezou a participar na Chanfainalab cando cursaba terceiro da ESO no CPI de San Sadurniño . É unha moza inqueda, moi afeccionada á música e a natureza, nomeadamente aos cabalos que lle apaixonan. Tamén gusta da música, e toca aceptablemente ben a guitarra e o piano. Na Chanfainalab de 2019 realizou, “A rapaza que borboriñaba aos cabalos” e no 2020 "As Aventuras de Marcelino e Clemente".

Catalina participa activamente na Chanfainalab dende os 13 anos e aos 19 anos, o motivo e causa da súa vida segue a ser a natureza, nomeadamente os cabalos, cos que mantén un vínculo especial. Nesta edición decidiu aproveitar o foco sobre o Forgoselo e puido gravar a peza nunha escapada de fin de semana coa colaboración do seu irmán Jaime e Iago Lourido: "O encanto da natureza xurdiu das sensacións que teño case sempre que cabalgo na natureza: reflectir o encanto, paz e tranquilidade que nos transmiten uns animais tan fermosos como os cabalos salvaxes. Estas criaturas en concreto, habitan en plena liberdade nos prezados e fermosos montes do Forgoselo en compaña doutras moitas especies, tanto de fauna como de flora. Esa foi sempre a miña idea: a través de imaxes de cabalos, transmitir o concepto de liberdade."

"O encanto da natureza" é un digno colofón da 8ª Chanfainalab, unha edición que tentou iluminar a fermosísima Serra de Forgoselo. A peza de Catalina tráenos o arrecendo dos westerns clásicos con eses grandes planos abertos, cheos de luz e movemento que atravesan a paisaxe ancestral da serra. A música de cine potencia aínda máis o espectáculo visual que procura e ilumina o bravo escenario de chairas, turbeiras, penedos e camiños de monte: "cabalgar ao carón de poldros salvaxes é unha sensación marabillosa. Non podemos esquecer que aínda que algún destes animais estea domado, o seu estado ancestral de liberdade e fusión coa natureza perdurará sempre no máis profundo do seu ser". Bravo Catalina... Velaí a mensaxe de liberdade que tamén pretendemos deixar na 8ª Chanfainalab. Até o ano que ven.

  • "O encanto da natureza"

  • Catalina Rodríguez recollendo a súa Lola Chanfaineira

  • Catalina e cineastas da 8ª Chanfainalab

  • Público ná 8ª Gala da Chanfainalab

  • Catalina Rodríguez presenta "O encanto da natureza"

load

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: animais, creador@s, cinema, Forgoselo, naturezas, vídeos, gandeiría, Chanfaina'Lab

Autor/a: Catalina Rodríguez Rico

Compartir en: