Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.
Eirixado,Naraio, 2008
Cando o novo párroco, José María Ladra chegou a Naraío en 1968, unha súas das primeiras teimas foi o arranxo de pistas e camiños asfaltados por toda a parroquia, que estaba prácticamente incomunicada ata acadar os 29 kilometros de pistas no 1982. Outra das teimas do párroco de Naraío foi o pulo á creación dunha cooperativa que acada no 1971 -hoxe integrada na Cooperativa de Meirás- e unha caixa Rural (1974). No 1972 consegue crear o campo de futbol entre outras moitas iniciativas que se recollen nunha reportaxe da Vode Galicia e publicada o 31 de outubro de 1982.
Mais Don José María Ladra, o párroco de Naraío, ten un portentoso don para localizar correntes de auga subterráneas.
Neste clip podes ver o seu método de traballo. Fragmento da serie documental de TVG "Trece badaladas", dirixida por Paula Cons e producida por Continental producións no 2008. Tamén aparece no filme "Deuteronomio 7:20" realizado por Marta Piñeiro para a 3º Chanfainalab no ano 2016.
Descarga a "Historia da parroquia de Naraío" escrita por José María Ladra.