Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,
Carballo, Lamas, 1
O castro de San Sadurniño -tamén chamado Croa do Castro ou As Croas-, forma parte dun complexo sistema defensivo da Idade do Ferro, composto por cinco castros que protexen e controlan o Val do Xuvia dende unha altura similar. Tres deles están situados nas ladeiras do Monte Rapadoiro: San Sadurniño, Riboira e Redo, franqueados no suroeste polo Castro Rupiallo, e no sureste polo Castro das Croas de Ramil. Ao norte conta co apoio defensivo dos castros de Bardaos, Escoitadoira e Castrelo xa en Santa Mariña do Monte.(Esquema e mapa en documentos)
Probablemente o Castro de San Sadurniño fora o mais relevante dos cinco poboados. No cruce de camiños ao pé do castro celebrouse a feira dende tempo inmemorial. Na súa croa vivirían os “xefes”, príncipes ou a primitiva aristocracia indíxena polos especiais obxectos que se toparon no seu interior: dende un torque de ouro no século XIX, ata varias fíbulas, obxectos, restos de muros e numerosos fragmentos de cerámica. Así o certifica ademais o gran arqueólogo Federico Maciñeira nun estudio publicado en 1906 que podes descargar mais abaixo grazas á axuda de Ofelia Requejo e Noelia Bascuas. O castro tamén deixou o ronsel de varias lendas, entre elas a fermosa“Lenda da Loureana”, unha das mais suxestivas da terra de Trasancos, que conta ademais cunha canción d'Os cempés. Na fotografía,o Castro de San Sadurniño dende o Castro Rupiallo.
2013-11-21 17:58:38
aunque ahora mismo esté en un planeta un poco paralelo (no tanto), aqui estoy. Espero ir a visitarles pronto. muchos abrazos. la sudaca
2013-11-21 18:36:22
qué ganas de conocer San Sadurniño!!!!
Temas: castros, lendas, Lamas, patrimonios
Autor/a: Manuel González Álvarez
Vídeos:
A lenda da Loureana segundo "Os cempés"