Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

patrimonio

Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,

O castro de Bardaos

Castro, Bardaos, 1

Na época prerromana, "Bardaos"-igual que "Monte"-, foi, sen dúbida, terra abondosa en pastos e caza. Unha terra brava rodeada por montañas, co vizoso val de Veiga e Bañoca arredor do castro, en comunicación directa cos castros veciños de "Escoitadoira" e "Castrelo" e "protexendo" ó complexo sistema de "castros do Val de San Sadurniño". Ao seu carón agroman aínda numerosos topónimos que acreditan o antergo poboado: Castro, Croa, Muíño do Castro, etc. O Castro de Bardaos, en xeral, mantén un aceptábel estado de conservación, coa croa -chaira redonda no cumio do castro-, mais ou menos despexada. Polo seu carácter “fronteirizo” podería ser un emprazamento moi axeitado como obxecto de estudo arqueolóxico ou para un proxecto de "arqueoloxía colaborativa". Baixa o documento con mapas, toponimia e datos básicos publicados en "Catalogación castrexa da bisbarra de Ferrol". Cadernos do Ateneo Ferrolán nº 5 (1987).

  • O castro de Bardaos

  • Castro de Bardaos dende a Área recreativa

  • Castro de Bardaos dende o Val da Veiga

  • Castro de Bardaos. Acceso ao castro

  • Castro de Bardaos dende o lugar de Castro

  • Castro de Bardaos. Entrada ao Castro

  • Castro de Bardaos.Murallas

  • Castro de Bardaos. A croa

  • Castro de Bardaos, A croa 2

  • Castro de Bardaos.Paisaxe dende a croa

  • Castro de Bardaos. Restos de muros

  • Castro de Bardaos.

  • Castro de Bardaos. Fotografía aérea 1956

load

Documentos:

Castro de Bardaos
Toponimia de Bardaos

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Bardaos, castros, gandeiría, lendas, patrimonios

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: