Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"O amor é água que corre"

Naraío, 2023

7ª Chanfaina Lab (13). Estrea: venres 12 de maio do 2023
Guión, montaxe e dirección: Claudia Pineda
Sinopse: “A deusa indíxena galaica-lusitana Navia, como fío condutor que nos leva a reflexionar sobre as nosas emocións e a relación que temos co amor e a súa morte. Navia é a forza que debemos escoitar para entender os nosos ciclos; non é unha deusa externa, senón parte da nosa natureza interior”
Reparto: Clara Antelo Facal e Brais Vila Muñíz
Narradora: Mariana Nunes
V.O portuguesa con subtítulos en castelán
Deseño de son e mesturas: Lucas Mathias
Música: Edmundo de Bettencourt, "Mar alto"
Duración: 7' 21"
Gravado no Paseo fluvial del río Xubia e fervenza de Naraío, dentro do programa da 7ª Chanfainalab. A peza foi seleccionada para a sección Furacáns no Festival de Cans (maio de 2023). Seleccionada en "Sinais", do Festival S8.



Claudia Pineda (Maryland, 1995 (USA). Graduouse en BBAA pola Universidade de Granada e a UVigo, mentres realizaba ao tempo varias actividades formativas con Arteterapia (Múnich Volkshochschule, UGR). No 2014 perseguiu o seu soño de ser medio pirata durante varios anos gravando, pintando e navegando en barcos de vela polo Océano Índico. Directora de "El viaje, 1988" (2021), estreado no (S8) Mostra de Cinema Periférico e seleccionado polo ICAA como parte de "New Spanish Shorts" para o Festival de Cannes 2021. A peza foi proxectada en L’Alternativa Fest BCN, o Play Doc de Tui e o Festival de Cans. "Corpo d’Água" (2022) foi estreada en Novos Cinemas e no (S8); a videoinstalación "Lolita Pineda (2022), acadou o Premio Egeria pola inclusión de perspectiva de xénero. Os seus intereses xiran entorno ao movemento e a poética das viaxes, a intimidade acuática, as identidades femininas e os dispositivos da memoria que producimos en clave experimental e multidisciplinar. Actualmente cursa o postgrado en educación artística mentres traballa no departamento de Cultura no Consell de Formentera, programando proxectos/obradoiros artísticos para fomentar a participación sociocultural na illa.

Claudia tivo claro dende o principio que ía a traballar sobre a figura da deusa Navia no paseo fluvial do Xuvia. Chegou a San Sadurniño coa mente aberta e disposta a guiarse polo azar, mais tendo a auga e a Navia como condutoras. "Comecei investigando sobre a mitoloxía celta e o folclore local e dinme conta que apenas coñecía as deidades do territorio no que vivín cinco anos (Galicia). Navia como “a Barqueira”, mensaxeira da Morte e psicopompa, Navia como deusa da fertilidade, humana, animal e vexetal. A súa vez, os símbolos que apuntan cara esas características inclúen a esfera acuática, -dada a crenza de que toda vida emana da auga- e así souben por onde tirar na Chanfaina. En pouco tempo foron creándose situacións que me levaron a conectarme cos mananciais e co amor. Nunha desas casualidades/manifestacións, coñecín a unha parella nova que chegou á fervenza de Naraío, realizando unha “ruta de fervenzas”, amosáronse dispostos a colaborar na peza; mergulleime e seguinlles o ritmo coa miña pequena cámara, mentres eles bailaban coa auga e desenvolveron unha escena espontánea, moi natural, pois estaban tan absortos un no outro que semellaba non importarlles que unha intrusa lles enfocara".a
A pesares da súa aparencia sinxela "O amor é água que corre" é un fermosísimo e complexo poema visual ateigado de ideas elaboradas e imaxes suxestivas, máis aló do que pode parecer a simple vista: "Quixen crear un espazo cálido e íntimo, segundo as sensacións que me transmitía a maxia da localización da fervenza de Naraío. Para elo, tinguín a imaxe de xeito orgánico e recollín unha grande cantidade de follas de carballo, pradairo, castaño, loureiro, etc para tecer cada fotograma cunha planta distinta, coloreando con esas pequenas follas colocadas tras do obxectivo da cámara. A miña principal fonte de inspiración agromou tras visualizar “The Amazonian Angel" de Maria Klonaris e Katerina Thomadaki polos seus textos autobiográficos, o seu mundo pictórico e poesía visual. Para o guión inspireime na idea do libro “Mujeres que corren con los lobos” de Clarissa Pinkola, onde a través de mitos interculturais proponnos unha viaxe psíquica cargada de remedios para recuperar o arquetipo da muller salvaxe, procurando que nos reencontremos co instintivo e intuitivo da nosa natureza". Unha viaxe que invoca os nosos sentidos para deixármonos levar ate fusionármonos coa maxia que debulla en cada imaxe esta cineasta tan imaxinativa e prometedora.

Fotografías de Cesar Galdo..

  • "O amor é água que corre"

  • Claudia Pineda na prantación da árbore conmemorativa do VII Chanfaina Lab

  • Claudia fronte a deusa Navia

  • Claudia na foto de familia da VII Chanfainalab

  • Claudia e Luis Outeiro na "Eira de cineastas"

  • Claudia Pineda na "Eira de cineastas"

  • Claudia fascinada pola deusa Navia

  • A localización da Fervenza de Naraío

  • Claudia na filmación de "O amor é água que corre"

  • Claudia Pineda creando texturas na imaxe

  • Caudia e a fervenza de Naraío

  • Claudia gravando "O amor é água que corre"

  • Imaxe 1 de "O amor é água que corre"

  • Imaxe 2 de "O amor é água que corre"

  • Imaxe 3 de "O amor é água que corre"

  • Imaxe 4 de "O amor é água que corre"

  • Imaxe 5 de "O amor é água que corre"

  • Planos de "O amor é água que corre"

  • Claudia Pineda presentando a curta dende a pantalla

  • O público asistente á gala da estrea do VII Chanfaina Lab

  • Lolas Chanfaineras, o premio do Chanfaina Lab

  • Claudia e Luis Outeiro na despedida do Chanfainalab

  • Cartel da curta "O amor é água que corre"

  • Claudia Pineda presenta a curta "O amor é água que corre"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, cinema, Escultura, lendas, Naraío, naturezas, poesía, ríos, vídeos, visitantes

Autor/a: Claudia Pineda

Compartir en: