Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Nena:Dina"

Outeiro, 2018

5ª Chanfaina'Lab (19). Estrea venres, 21 de xuño do 2019
Director: Andrés Goteira e Suso López.
Reparto: Ángeles Rodríguez, (a nena de García); Erundina Díaz
Sinopse: "Nena e Dina son dúas amigas xubiladas que gozan da vida á súa maneira.".
Duración: 5' 19”
Gravada na Casa Outeiro (San Sadurniño) do 31 de agosto ao 2 de setembro do 2018 dentro do programa da 5ª Chanfainalab


Andrés Goteira, (Meira, 1983), graduouse como enxeñeiro técnico de telecomunicacións pola Universidade de Vigo e técnico de son na Escola de Imaxe e Son de A Coruña. Na súa etapa universitaria realizou varias curtas experimentais. “Foi unha boa maneira de escapar dos algoritmos das telecomunicacións”. Despois fundou Gaitafilmes con Suso López (Meira, 1984). A súa primeira longametraxe,"Dhogs", estreouse no Festival Internacional de Cine Independente de Buenos Aires (BAFICI) no 2017, competindo dentro da sección Vangarda e Xénero deste certame. Foi o primeiro filme rodado en galego que se estrea no festival de Sitges (2017). Gañou 13 das 17 candidaturas ás que optaba nos Premios Mestre Mateo 2017, converténdose no filme máis premiado da historia do audiovisual galego. Actualmente Suso e Andrés están a producir o documental "Welcome to ma maison" e seguen a actuar co seu grupo rock "Voladura".

Suso e Andrés achegáronse á Chanfainalab sen unha idea definida sobre a que gravar a súa peza, o feito de vivir nunha pequena localidade e o seu contacto diario coa xente do rural, contaba ao seu favor. Durante a Chanfainalab presentaron o multipremiado "Dhogs" e Suso acreditou as súas dotes de actor en "Breixo" de Javier Seoane. As instalacións da Casa Outeiro serviranlle de inspiración: "A idea xurdiu do noso contacto coa xente maior do rural, que nos identifica moito e soubemos que en San Sadurniño é moi participativa; así que quixemos imaxinala en lugares onde non se acostuma a visualizar. A pista de tenis que había onde estabamos aloxados deunos o contrapunto e pareceunos boa idea, porque non hai ningún motivo para que a xente de calquera idade, especialmente a maior, que teña a sorte de poder permitirse gozar da vida e non o faga. Como así o fan Nena e Dina. Era unha forma de contribuír a romper eses tópicos. E visualizar un goce san, e que ninguén lle pida explicacións. Fano así, porque si, porque lles apetece."

"Nena:Dina" é unha peza do tándem creativo de Meira, que bebe no ronsel surreal e multicapa que emana na aclamada "Dhogs". As dúas protagonistas, Ángeles Rodríguez -a Nena de García- e Erundina Díaz son mulleres que loitaron dabondo ao longo da súa vida, mais están colocadas nun contexto que aparentemente non lle corresponde; a imaxe ten os arumes da irrealidade que impregna a pintura realista de Edward Hopper ou as piscinas de David Hockney. O relato das penurias da súa infancia contrasta visualmente coa cor luminosa da imaxe na cancha de tenis e a piscina, situando a peza entre a realidade e a ficción. Por outra banda podemos anotar a referencia a unha das primeiras canchas de tenis en Galicia (1902) de Natividad Quindós, VII marquesa de San Sadurniño; Nena e Dina vivindo como as marquesas: "Nas nosas cabezas pensábamos noutros temas que, por unhas ou por outras, non chegaron a porto. Tiñamos ideas máis achegadas á ficción, que non chegaron a fluír. Aquela piscina e aquela pista de tenis chamou por nós, chamou por Nena e por Erundina. Quixemos unha sensación de desfrute, por riba de atopar unha historia, foi buscar a sensación de estar ben, sen importar a idade." Unha curta elegante e singular, onde Andrés e Suso acreditan ter un universo propio, transformador da realidade máis inmediata, creadores de atmosferas visuais utilizando tan só materiais sinxelos que teñen diante dos ollos, mais dende un novo punto de vista que os modifica profundamente. Traballar con elementos case metafóricos para que cada espectador poida facer a súa propia interpretación do que está a ver na pantalla.
Como non puideron asistir á estrea da Chanfainalab na Casa de Cultura de San Sadurniño, os cineastas enviáronnos este videosaúdo dende Berlín:

Fotografías de Cesar Galdo e Gabriel Tizón

  • "Nena:Dina"

  • Andrés Goteira na 5º Chanfainalab

  • Suso López na 5º chanfainalab

  • Suso e Tito Asorey na expo da chanfainalab

  • Andrés Goteira e @s chanfaineir@s

  • Andrés Goteira e Kevin Lorenzo na 5º Chanfainalab

  • Andrés Goteira na charla preparatoria da 5ª Chanfainalab

  • Andrés Goteira de turismo por Sansa

  • Suso producindo mentres fai turismo por Sansa

  • Andrés Goteira no Pazo da Marquesa

  • Andrés Goteira mirando cómo o alcalde planta o castiñeiro da chanfainalab

  • Andrés e Suso na foto oficial da chanfainalab

  • Andrés na "Eira de cineastas"

  • Suso, Andrés e Melania Cruz presentando "Dhogs"

  • Suso e Andrés presentando "Dhogs"

  • Andrés e Melania Cruz presentando "Dhogs"

  • Suso e Andrés botándolle un cabo á xente de "Breixo"

  • Morris na pantalla da chanfainalab

  • Suso con Kevin e Javier Seoane en "Breixo"

  • Andrés Goteira cavilando na procura da escaleta.

  • Nena e Dina marquesas...

  • Andrés Goteira tirando o plano

  • Andrés Goteira na procura do tiro de cámara

  • Dina e Nena como marquesas

  • A "Nena de García" desfrutando da piscina

  • Suso preparando a posta en escea

  • Suso e o contrapicado

  • Dina e nena recén refrescadas

  • Andrés coas súas actrices

  • De relax no hoteliño de Sansa

  • Andrés e Suso na estrea mundial de "Nena:Dina"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: muller, San Sadurniño (parroquia), vídeos, visitantes, Chanfaina'Lab

Autor/a: Andrés Goteira

Vídeos:
"Dhogs" (Trailer)
"A porta ”

Compartir en: