Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Nace "Unión Patriótica" de San Sadurniño

San Sadurniño, 1924

O domingo 14 de decembro de 1924 constitúese en San Sadurniño o partido “Unión Patriótica”, o único partido legal permitido baixo da ditadura de Primo de Rivera. En palabras de Calvo Sotelo, tratábase dun partido "organizado desde el poder y por el poder" e o seu fin primordial era a organización dos sectores mais conservadores da dereita social-católica que apoiaban á Ditadura de Primo de Rivera.
Unha circular de agosto de 1924 do gobernador civil “instaba” a que se creasen agrupacións locais do partido na provincia de A Coruña. O alcalde, Avelino López Sisto, convoca nas dependencias municipais o 9 de outubro de 1924 a 57 persoas para formar a comisión organizadora local de "Unión Patriótica". Moitos dos asistentes son ex-alcaldes e concelleiros do antigo partido conservador, grandes contribuíntes do concello, industriais e propietarios de negocios e terras. Por fin, o 14 de decembro constituíase formalmente "Unión Patriótica" en San Sadurniño, segundo esta acta oficial que podes descargar en Documentos. O seu presidente sería o empresario emigrante retornado do Brasil, Matías Fernández Murias, natural de de Cabanas, mais casado en 1906 en San Sadurniño con Avelina García Fraguela e onde constrúe casa en 1913. O home clave do partido en San Sadurniño será o vicepresidente Manuel López Sisto.
Algúns militantes deste efémero partido –disolverase en 1930- participarán activamente nos partidos dereitistas durante a Segunda República e apoiarán ao bando sublevado durante a guerra civil, desenvolvendo responsabilidades durante a ditadura franquista. Na imaxe, selo de Unión Patriótica de San Sadurniño.

  • Nace "Unión Patriótica" de San Sadurniño

  • Unión patriótica en San Sadurniño. Correo de Galicia, 7-11-1924

  • Constitución de Unión Patriótica en San Sadurniño.Ideal gallego, 13-12-1924

  • Carta do Partido para formar a sección de UP en San Sadurniño

load

Documentos:

Acta de Constitución da "Unión patriótica" en San Sadurniño (AM de San Sadurniño)
Matías Fernández Murias, presidente de "Unión Patriótica" de San Sadurniño"

Comentarios

Máis imaxes

Temas: asociacións históricas, San Sadurniño (Concello)

Compartir en: