San Sadurniño é un paraíso natural. Os miradoiros naturais da Serra de Forgoselo , brava área natural
protexida pola Rede Natura 2000; A pena do Rei Mouro, un dos meirandes conglomerados de seixo de Galicia; O Coto Agudo cun absoluto control visual de toda a contorna; o Pico San Vicente, onde se mesturan lenda e historia; os paseos fluviais do Río Xuvia e o río Aceiteiro con máis de 4 km ás beiras do río; O río Castro
que destaca polo seu valor natural, ecolóxico e paisaxístico considerado como Lugar de Interese Comunitario; As paisaxes megalíticas, as áreas recreativas das sete parroquias, as máis das 100 fontes do Concello, o arboreto ou a horta de conservación de froitas autóctonas conforman un Concello cun extraordinario patrimonio natural e paisaxístico.
8ª Chanfaina Lab (28). Estrea: venres, 24 de maio do 2024
Guión e dirección: Ignacio Vilar
Produción e son: Diego Troncoso.
Fotografía: Fran da Lobeira
Montaxe e posprodución: Fernando Alfonsín
Deseño do cartaz: Juan Gallego
Sinopse: "Invocamos a protección de Nabia, a nosa Deusa da auga, contra a destrución da Natureza."
Duración: 4:52’’
Gravado nas parroquias de Bardaos, Monte e San Sadurniño dentro do programa da 8ª Chanfainalab
Ignacio Vilar (Petín, Ourense 1951)
Produtor, director, guionista, aos dezaoito anos trasladouse a Barcelona, onde estudou cine, montaxe, dirección de actores, rodaxe de documentais e curtas. Alí comezou un proxecto de difusión de cinema polos barrios de Barcelona e tamén polas vilas de Cataluña. En 1989 gañou o Carlos Velo polo guión "Ollo Birollo", retornou a Galicia e fundou a produtora Vía Láctea Filmes, coa que dirixe curtas en 35mm, documentais e series documentais para televisión sempre en V.O galega. Entre os seus títulos mais coñecidos como guionista, produtor e director están: "Ilegal" (2002), "Un bosque de música" (2003), "Pradolongo" (2008). "Vilamor" (2012), "Sicixia" (2016), "María Solinha" (2020) e "A esmorga" (2014) que foi a primeira longametraxe rodada en galego nominada a un Premio Goya (mellor guión adaptado) e a longametraxe máis premiada no XX Festival du Cinéma Espagnol de Toulouse (Francia). Ignacio Vilar recibiu o Premio da Cultura Galega en 2015 polo seu compromiso coa promoción da lingua e cultura galegas.
Ignacio é un competente veterano do cinema galego e xa tiña no maxín un fío do que tirar cando chegou a San Sadurniño: " Nunha viaxe, fai anos a San Sadurniño, no que o Tom Tom perdeume polas corredoiras arrasadas polos tractores da industria dos eucaliptos, con fochancas das que puiden saír polo todoterreo que conducía. Cheguei á Casa do Concello co coche e os parabrisas ateigados de lama. Nunca esquecerei ese día. Como di o meu admirado historiador da arte Ernst Gombrich “toda imaxe remite a outra imaxe”, así pois, na Chanfainalab saimos na procura de caza maior de imaxes, sen ningunha posibilidade de éxito. Íamos incrédulos coa protección da nosa Deusa Nabia.
Pero San Sadurniño é dos santuarios do mundo onde máis caza maior houbo e hai de imaxes fermosas. Gardan alí tesouros para os ollos atentos ao milagre. E apareceunos o mostro de sete cabezas, a máquina infernal coa que non contabamos. Ese mostro infernal levounos a Goya, Rubens, a Munch, a Tiziano, a Gauguin e ao fin a... nosa Deusa Nabia, a Deusa da auga clara, do claro cristal, que estivo connosco durante toda a gravación. Escoitamos, de súpeto, no medio da fermosa música de paxaros, do vento abaneando as árbores e os son das augas do río Xubia, un son que non era deste mundo. Así mesmo levabamos unha arma letal: “Sé como o ruiseñor, que non mira a la tierra desde la rama verde donde canta” (Valle Inclán), e abondosa munición (Gombrich) para a caza maior, con ollos atentos para o milagre; as imaxes lógranse cazar a 24 fotogramas por segundo e de feito non tivemos ningunha dificultade".
Poderíamos considerar "A procura da nosa deusa Nabia" como un filme relixioso, porque bebe no panteísmo das súas referencias: "pretendo transmitir o pensamento revolucionario do filósofo do século XVII Spinosa (Deus sive Natureza). Baruch Spinosa, era descendente dunha familia galego/portuguesa que tivo que fuxir a Ámsterdan, perseguidos pola Santa Inquisición. O deus dos cristiáns non existe, está humanizado. As Deusas e Deuses que existen son a Natureza. Todos o que ollamos, tocamos, respiramos son Deusas e Deuses. As árbores que abrazamos, as augas dos ríos que nos bañamos, as fontes que bebemos, os inmensos Océanos que ollamos, o ar que respiramos, as nosas montañas que percorremos…" Ignacio interpela aos espectadores sobre o seu sistema de crenzas e converte esa viaxe mística- relixiosa nunha clara mensaxe identitaria e ambiental. A peza condúcenos do desorde e o caos á calma e harmonía universal. Descubrir recunchos onde a deusa Nabia sigue a estar aí, viva e acolledora, para transportármonos a outro estado de sabedoría, sentindo a conciencia cósmica da natureza. Que a deusa Nabia vos acompañe na viaxe.
Fotografías César Galdo..
"Na procura da nosa deusa Nabia"
Ignacio Vilar na sesión preparatoria da Chanfainalab
Ignacio Vilar na plantación da árbore conmemorativa da Chanfainalab
Ignacio plantando un sanguiño
Fotolembranza da plantación da árbore conmemorativa
A deusa Nabia, protectora de San Sadurniño
Ignacio entre Vitucho e X.M Rabón
Ignacio no autobús rumbo ao Forgoselo
Ignacio Vilar na foto oficial da VIII Chanfainalab
Ignacio Vilar na "Eira de cineastas"
Público asistente á "Eira de cineastas"
Ignacio buscando a protección da Deusa Nabia con Diego e Fran
Fran da Lobeira como un auténtico director de fotografía.
Ignacio e Fran na procura de Nabia
Ignacio Vilar en acción
Parece que aí está Nabia.
Ignacio na Expo de Jose Gil en Sansa
Ignacio e Tono Mejuto en Sansa
Ignacio Vilar presentando o concerto homenaxe a José Gil
Público na gala da Chanfainalab na casa da Cultura
Ignacio Vilar recollendo a súa Lola Chanfaineira
Ignacio co resto de cineastas da VIII Chanfainalab
Equipa de gravación ao completo: Ignacio, Diego e Fran
Ignacio Vilar no Faro de Vigo
Ignacio Vilar presenta "Na procura da nosa deusa Nabia"