Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

músicas

San Sadurniño ten unha longa tradición e asentada afección por todo tipo de músicas cancións, eventos musicais, festas e romarias, músicos de San Sadurniño

Mociños de Igrexafeita

Igrexafeita, 1971


Pandeirada popular, con letra do pintor e compositor Antolín López Porta (1902-1970), interpretada polo Real Coro ferrolá "Toxos e Froles" en 1971. Podes escoitar tamén a versión da Agrupacion coral "Aires galegos" co título "Mociñas de Igrexafeita"
No ano 2015 a cineasta Lucía Vilela utilizou esta canción no filme "Toxos e flores".




Mociños de Igrexafeita,
o pandeiro non val nada,
nos non queremos pandeiro,
queremos pandeiretada.
Ei, rapaciños de Igrexafeita,
vinde bailar o son do gaiteiro,
que xa redobla o tamborileiro,
e o do pandeiro vai comezar,
hoxe troulemos na nosa festa,
por ser o Patrón da nosa aldea,
non habera festa coma ela,
tan feiticeira noutro lugar.
O que toca a pandeireta,
o que toca na pandeira,
gustánlle moito as mociñas,
pro non ten quen o queira.
Toca pandeiriño toca,
que contigo bailarei,
mentras tocas pandeiriño,
sin troulear non quedarei.
-MOCIÑOS DE IGREXAFEITA. (Cantiga Galega recollida en Narón en 1986).

Mociños de Igrexafeita

Comentarios

Máis imaxes

Temas: festas e romarías, Igrexafeita, música, cancións, poesía

Autor/a: Fálame

Vídeos:
Toxos e flores

Compartir en: