San Sadurniño, 2026
10ª Chanfaina Lab (17). Estrea: 22 de maio do 2026
Director: The Sun girls
Duración: 3' 56"
Sinopse: Un home namorado, unha familias, unha voda...e ao fin...o amor...
Equipo artístico: Kevin Lorenzo, Abel Vega, Mariuz Tembrás, Cruz Piñón, Bieito Beceiro, A vaca Parda
Equipo técnico: Dirección, Producción, Fotografía: The Sungirls.
Escenografía e decorado: The Sungirls
Guión, Montaxe, Postproducción, : Graciela Galdo
Gravado na parroquia de San Sadurniño dentro do programa da 10ª Chanfainalab
Máis información sobre esta peza en: Chanfainalab
THE SUNGIRLS, Mónica Cibreiro, Graciela Galdo e Olga Vigo son tres amigas que teñen en común a paixón pola música e o cinema. Olga e Graciela son curmás e naturais de Ferrol. Ambas licenciadas en música e piano, traballan como profesoras de música e audiovisual no mesmo instituto, o IES Trasancos de Narón. Mónica Cibreiro é veciña de Santa Mariña do Monte, traballa no Concello de San Sadurniño e tamén desenvolve o seu lado artístico en actividades vencelladas á creación en diferentes soportes.
No verán de 2017 as tres amigas decidiron crear un grupo de creación audiovisual co obxectivo explícito de "pasar o rato e divertirnos". O grupo denomínase "The Sungirls" e o seu lema, «Somos chicas buenas, a veces». O seu primeiro vídeo "El taquillazo" tivo un éxito inesperado nas redes sociais e animounas a seguir nunha aventura creativa, na que pensan continuar "ata que deixe de ser divertida". No Chanfaina lab 2017 sorprendéronos coa vitalista curta "360º en cores" e na do 2018 co videoclip coral “Non teño dono", no 2019 "Que pasou?" e “Feminino” no 2022 e "Onde me leven" (2024).
A idea xurdiu un día falando co meu home que escribira un relato sobre isto cando estaba no Instituto. Pareceunos boa idea utilizar esa idea e transformala. Atopamos as localizacións axudadas por Cruz Piñón.
O traballo cos actores e actrices foi fácil e, sobre todo, moi divertido. Quedáronnos cousas sen contar pero xa non podíamos voltar á localización porque o tempo complicounos a rodaxe doutras esceas. Intentamos que a música fose sen dereitos de autor utilizando a Plataforma Pixabay.