
O devalar no tempo do traballo: os labores agrarios e gandeiros, artesáns, as feiras, comerciantes e taberneiros: animais , bares e tabernas, emigración, feiras , gandería , labregos e labregas, oficios artesanais, tecidos, o traballo nas hortas datos estatísticos
O Casal, San Sadurniño, 1918
O 29 de setembro de 1918, en plena epidemia da "gripe española"en San Sadurniño inaugurase unha fonte moi preto da capela e do Pazo, agasallo dos Duques de Conquista ao pobo de San Sadurniño, a coñecida como Fonte do Pazo. O concello de San Sadurniño presidido polo alcalde José Salgado Salgado recolle a entrega oficial da fonte na sesión municipal celebrada o 29-9-1918: "Fue entregada una fuente para uso público, una fuente situada en el lado oeste de la carretera del estado que va al campo de la feria, así como las reformas de la fuente de Belén situada en el campo de la feria". En xullo de 1967 será reconstruida de novo por mor das obras da ampliación da carretera,cun coste para o concello de 10 000 ptas. Na fotografía, Manuela López Sisto na fonte do pazo antes da reforma de 1918
Temas: fontes, muller, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (parroquia), traballos, xente
Autor/a: Manolo Rico López
Fotógrafo/a: Arquivo municipal de San Sadurniño