Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

xentes

Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.

Manuel García Fernández, alcalde

San Sadurniño, 1923

O día tres de outubro de 1923 presentouse no Concello o Garda Civil Manuel García Seoane, encargado do cuartel de San Sadurniño -por enfermidade do Cabo Comandante- e cesou aos membros da Corporación municipal, entre eles o alcalde José Fernández Pita.
A razón era a execución dunha Orde da Ditadura de Primo de Rivera que cesaba fulminantemente as corporacións municipais e constituía Comisións xestoras nos Concellos ata que non se nomearan a “personas adecuadas”. A substitución do poder municipal tiña como obxecto “cumplir con el Real Decreto de 3 de septiembre ultimo que dispone cesar en sus funciones, finalizando su cometido todos los concejales de los ayuntamientos de la nación y serán reemplazados instantáneamente por los vocales asociados del ayuntamiento quienes sustituirán a los concejales desde este acto”. Así pois, a corporación vai ser formada por vocais asociados da xunta municipal. Mais paradoxalmente case todos eran labregos afiliados á Asociación agraria "La moralizadora".
A corporación municipal pasou a ser presidida polo veciño de San Sadurniño Manuel García Fernández xunto con Manuel Naveiras Barro, 1º tte alcalde (Naraío, Fraguela 1861-1953); Ricardo Casal López , 2º tte alcalde (Lamas); Vicente Novo Castro, síndico (Ferreira); Francisco Martínez Cibreiro, interventor (Monte); Antonio Méndez Yáñez (Bardaos); Juan Castro Romero; Manuel Prieto García; José García López (Igrexafeita); Manuel Vellón Fernández (Lamas); Antonio Fernández Fernández; José Prieto Fernández (Irexafeita) e Manuel Fernández Rañal.
Pedáneos: Esteban González Rico (Bardaos); José Canosa e Antonio Tuimil (Ferreira); Antonio Seijas e José Yáñez Pena (Igrexafeita); Enrique Vellón Fernández e José María Galdo Senra (Lamas); Andrés Rodríguez Filgueira e Ángel González (Monte); Cipriano García López e Antonio Casal Soto (Naraío); Manuel Anca e Avelino López Sisto (SS)

Pouco puideron facer no seus escasos catro meses de mandato mais que resolver asuntos de trámite, deslindes de fincas, quintas e reemprazos. Publicouse unha ordenanza municipal sobre enterramentos de animais mortos, con lugares sinalados en todas as parroquias "cuyos sitios se cerrarán convenientemente por muros o alambradas de forma que queden perfectamente acotados sin que los perros u otros animales mayores puedan penetrar en los referidos cementerios".
O Delegado gobernativo o tenente coronel de infantería, Ramón Lamela, efectuou unha visita de inspección ao Concello o 8 de febreiro de 1924. A finais do mesmo mes cesaron todos os membros da corporación, sendo substituídos por homes afíns á "Unión Patriótica" único partido legal nos tempos da Ditadura de Primo de Rivera. Tamén o novo alcalde, Avelino López Sisto estará afiliado ao partido fundado polo ditador.
Na ilustración, sinaturas da corporación municipal a finais de 1923, case todos socios da asociación agraria "La Moralizadora".

Manuel García Fernández, alcalde

Comentarios

Máis imaxes

Temas: xente, Alcaldes de San Sadurniño, San Sadurniño (Concello)

Compartir en: