Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

xentes

Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.

Manuel Dopico Díaz, último alcalde da Monarquía

Albeiro, San Sadurniño, 1931

O Rei Alfonso XIII pretende restaurar a lexitimidade constitucional rota despois do seu respaldo á Ditadura de Primo de Rivera. Para elo decide convocar eleccións municipais en abril de 1931. Descoñecemos as razóns da renuncia de Faustino Loureiro como alcalde. O caso é que o veciño de Albeiro-San Sadurniño, Manuel Dopico Díaz, tomou posesión como alcalde o 27 xaneiro de 1931. Vai estar á fronte da corporación municipal tan só dous meses e medio ata as eleccións municipais do 12 de abril, que darán paso á proclamación da 2º República e un novo alcalde, Vicente Castro Naveiras, o 22 de abril de 1931.
Manuel Dopico Díaz -con case sesenta anos- era un home de ideoloxía conservadora e probada experiencia municipal, pois xa fora concelleiro nos períodos (1916-18), (1918-20), (1920-23) e (1930-31). En 1924 estaba afiliado ao partido "Unión Patriótica" do ditador Primo de Rivera.
Os membros da derradeira corporación monárquica foron: José Salgado Salgado 1º tte alcalde (Igrexafeita) por renuncia de Pelayo Casal; Aquilino González Fernández 2º tte alcalde; Pedro Álvarez Romero (Bardaos); Segundo Yáñez Fernandez, (Casal-SS); Manuel González Fernández (Vilanova-Lamas); Manuel Couce López, (Lamas); Vicente Rodríguez Canosa (Bardaos); Vicente Hermida López (Igrexafeita); Emiliano Calvo Couce (San Sadurniño); Manuel Hermida Santalla, (Ferreira); Antonio García Varela (Igrexafeita)

O orzamento do Concello dese ano era de 27.679 ptas para atender unha poboación de 6.257 habitantes. Mais a corporación de Manuel Dopico limitarase a organizar as eleccións municipais democráticas do 12 de abril. Nelas Manuel Dopico Díaz saiu elixido concelleiro, formando parte tamén da corporación republicana, mais dimitirá por motivos de idade en 1934.

  • Manuel Dopico Díaz, último alcalde da Monarquía

  • Sinaturas da derradeira corporación monárquica en marzo de 1931

load

Documentos:

Unha proposta de Alfonso Manuel Gonzalez Fernández (Lamas)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Alcaldes de San Sadurniño, San Sadurniño (Concello)

Compartir en: