Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.
A Laxe, Lamas, 1963
Carmen Bouza "Maruxa", adícalle un recordo especial ao seu pai, Manuel Bouza Vila (1907-1964), coñecido por "Manuel da Laxe" e casado con María Muiño Muiño. Foi carpinteiro, traballou en Astano e na construción do pantano das Forcadas en Valdoviño.