Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

José Jacinto Quindós y Reynoso Andrade e Figueroa, XII Señor e 3º Marqués de San Sadurniño

Pazo da marquesa, San Sadurniño, 1730

XII Señor e 3º Marqués de San Sadurniño (1730- 1753)
Sobriño do 2º Marqués Pedro Francisco Álvarez de Reynoso , quen morrera solteiro en Ourense sen sucesion en 1730. José Jacinto Quindós era fillo de Rosa Álvarez de Reynoso, quen casara co rico vinculeiro dos Quindós, Álvaro Quindós Bolaño.
José Jacinto herda un morgado rico en rendas, prata, alfaias, mobeis e terras de todo tipo incorporando ao seu patrimonio os bens da súa tía Mariana Álvarez Reinoso.
A fortuna de José Jacinto Quindós medra aínda mais ao emparentar coa Casa de Baltar polo seu casamento coa V Señora de Baltar, Dª. Josefa Cayetana Pardo de Moscoso (1711-1762), conformándose así unha das sagas familiares mais sobranceiras de Ferrolterra. .
Tivo que defenderse legalmente do seu curmán José Antonio Mosquera e os irmanastros, porque o seu pai casárase de novo e todos preiteaban pola herdanza. Tamén reclamará rendas atrasadas aos labregos de Cerdido, sendo executadas as débedas nos bens dos labregos no coñecido como "pleito de la cebada". Tivo moitos preitos con caseiros e foreiros do seu morgado como os Luaces polas terras da Rubiña ademais dun bo feixe de litixios co Convento do Rosario .
De feito os 3º Marqueses de San Sadurniño viviron case sempre en Ferrol -entre 1730 e 1740- ou no Pazo de Baltar, onde se comenta "que tiñan criados negros". Alí nacerán os seus fillos.
O antigo Pazo de San Sadurniño estaba deteriorado, “están inhabitables algunos cuartos y piezas” e a altura de 1744 o bispo de Mondoñedo queixase do abandono do Hospital que tiñan a obriga de soster os Marqueses en San Sadurniño. Porén, o destino dos Señores de Quindós está a piques de mudar completamente.

A decisión do Rei Felipe V de construir os Asteleiros Reais en Ferrol vai transformar por enteiro a vida socioeconómica de Ferrolterra. O incremento vertixinoso da poboación e a economía ferrolá coa consecuente demanda de materias primas, bens e servizos, ofrece novas posibilidades de enriquecemento e ascensión social ás familias nobiliarias, artesáns e comerciantes da comarca. De feito, José Javier, o seu fillo e futuro 4º Marqués xa vivirá en Ferrol, - na Rúa San Francisco 6-12- cidade da que chegará a ser rexedor; Juan e Pedro de Quindós, os outros fillos, ingresarán na flamante Real Compañía de Guardias Marinas de Ferrol, creada en 1776.
A euforia económica da comarca chegará ata o Convento do Rosario coas obras de ampliación do claustro, inauguradas en 1755.Todas estas reformas e melloras baséanse principalmente nas rendas que labregos e labregas e San Sadurniño pagan a Igrexa e a Nobreza como acredita o Catastro de Ensenada realizado meses antes do falecemento do Marqués.

O 3º Marqués falece en agosto de 1753, sendo soterrado na Capela Maior do Mosteiro segundo consta na inscrición na lauda de Juan Freire: En tres de agosto se depositó aquí el cuerpo del muy ilustre Sr.Joséph Jacinto Quindós y Andrade, patrono de este Convento de San Saturnino y Marqués de la misma jurisdicción. Estuvo casado con la muy ilustre señora Josefa Cayetana Pardo Moscoso, Señora de Baltar, de cuyo matrimonio dejo seis hijos y el primogénito, Josep Javier de Quindós y Pardo y su madre quedó por tutora de todos.
A 3ª Marquesa de San Sadurniño vivirá ata xaneiro de 1762. Terá certa sona de favorecer as artes e as letras. Nos seus salóns organizábanse festas e bailes para a sociedade máis chic de Ferrol. Arredor de 1753 o Cura de Fruime visitará San Sadurniño e adicaralle un poema á Marquesa Dª. Josefa Cayetana Pardo. Tamén o erudito Martín Sarmiento será invitado de honra na súa casa de Ferrol en xuño de 1755. A Mansión da Marquesa na rúa San francisco 6-9 tamén foi visitada polo Marqués de la Ensenada en varias ocasións.

Tiveron fillos:
- Josefa Antonia de Quindós y Pardo de Andrade, casada con José Antonio Ribadeneira y Quiñones (Lugo). Viven en Ferrol na casa do seu irmán José Javier Quindós.
- Maria Antonia de Quindós y Pardo de Andrade . Nacida en 1734. Casou en 1763 con Andrés Quiroga e Ulloa , Señor de Hervés e Académico de número de la Real de Agricultura de Galicia e terán como filla a Ana Quiroga ademais de José Ignacio Quiroga, eMaría del Carmen Quiroga. Hermanos de Dª. Ana fueron D. José Ignacio Quiroga y Quindós, Señor de Herves, Regidor perpetuo de Mondoñedo y La Coruña, Caballero de la Real Maestranza de Ronda y de la Orden Militar de Montesa, y Dª. María Quiroga y Quindós, casada con el Señor de Fontao, D. José María Moscoso y Miranda. Viven en Betanzos.
- José Javier Quindós y Pardo de Andrade. (1737-1811). 4º Marqués de San Sadurniño. Casará en 1789 aos 52 anos coa súa sobriña, Ana Quiroga y Quindós, filla da súa irmá Maria Antonia de Quindós,
- Juan Quindós y Pardo de Andrade, (1739-1806). Chegou a ser Xefe de escuadra da Real Armada con 53 anos de servizo. Casou con Joaquina Quiroga y Quindós.
- Pedro de Quindós y Pardo de Andrade, nacido en 1747, tamén ingresará na Mariña Real.

  • José Jacinto Quindós y Reynoso Andrade e Figueroa, XII Señor e 3º Marqués de San Sadurniño

  • Inscrición na lauda de Juan Freire

  • Tumba do 3º Marqués de San Sadurniño

  • Inscrición na parte superior da tumba do 3º Marqués de San Sadurniño e de Juan Freire

  • Detalle da tumba do 3º Marqués de San Sadurniño

load

Documentos:

Preito da Cebada

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Señores de San Sadurniño, Pazo da Marquesa

Compartir en: