Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

xentes

Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.

Jose Díaz Aneiros, alcalde

Lamas, 1877

Alcalde de San Sadurniño (1877)
O día 1 marzo de 1877 toma posesión o novo alcalde José Díaz Aneiros, substituíndo ao enfermo Vicente González . José Díaz Aneiros era fillo de Pedro Díaz (Bardaos). Nacera na parroquia de Bardaos en 1823, mais era veciño e propietario en Lamas. Estaba casado con Tomasa Rodríguez e deixou cinco fillos: Manuel, José María (alcalde en 1894), Carmen, Catalina e Antonio Díaz Rodríguez. Na nova corporación están tamén: Manuel Couce Díaz, 1º tte alcalde (Lamas); Julián González 2º tt; Tomás Cobelo Fernández, síndico (Lamas); Antonio Pérez; Domingo Fernández Fernández; Francisco Fernández; Francisco Ramos; Vicente Castrillón Mesía Lamas); Manuel Piñón (Ferreira); Juan Campos; Juan Carregado Torrente; José María Castro.
Pedáneos: Andrés Fernández do Seijo (Ferreira), Juan Cayetano Yáñez (Igrexafeita); Manuel Pouso (Monte); Manuel Barro (Lamas); José García (Bardaos); Vicente Sisto (SS); Juan Rodríguez (Igrexafeita); Ciprián Romero (Naraío). O novo arrendatario dos dereitos de consumos será o comerciante Ángel Saavedra, mais será acusado o ano seguinte de malversación de fondos e obrigado a pagar o roubado dende o seu posto de cobrador de consumos na súa tenda. Os plenos celébranse os luns as 10 da mañá.

De igual xeito que os alcaldes anteriores, tiña a intención de denunciar a falta de ingresos no Concello de 1865 a 1870 obrigando aos responsábeis á devolución do descuberto: “para satisfacción en el pueblo al ver que sus fondos se encuentran en las arcas y no se hallan en poder de deudores del municipio”..Mais apenas catro meses manterá o bastón municipal, pois dimitirá por razóns de saúde o 5 de xullo de 1877, sendo reemprazado polo tamén veciño de Lamas Manuel Couce Díaz. Falece en Lamas por un tumor estomacal o 10 de maio de 1885. O seu fillo José María Díaz Rodríguez será alcalde de 1897 a 1901.

  • Jose Díaz Aneiros, alcalde

  • Sinaturas concelleiros de José Díaz

load

Documentos:

Orzamento municipal 1877

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Alcaldes de San Sadurniño, Lamas, San Sadurniño (Concello), xente

Compartir en: