Iniciativas e servizos promovidos polo Concello ou as asociacións culturais e veciñais de San Sadurniño.
San Sadurniño, 2024
Durante a fin de semana do 6 ao 8 de setembro do 2024 reviviremos de novo a marabillosa experiencia emocional da ChanfainaLab: un encontro de cineastas que pon en valor o territorio do concello a través dos ollos de creadores/as audiovisuais galegos/as. A idea é sinxela: @s participantes teñen que gravar na fin de semana unha película coa duración de entre tres e cinco minutos, con absoluta liberdade sobre o tema e tratamento visual. A ollada contemporánea sobre a paisaxe rural e as súas xentes, a emigración, a memoria histórica, o devalar do tempo, as diferenzas paisaxísticas e sociolóxicas entre as sete parroquias que compoñen o concello, transforman a San Sadurniño nun universo por descubrir e moi axeitado para debullar propostas visuais innovadoras.
A iniciativa acadou o premio o XI premio José Sellier (2022) outorgado pola Academia Galega do Audiovisual por “fomentar a liberdade creativa e favorecer a convivencia, unindo a cineastas de calquera idade, xénero, procedencia ou traxectoria para compartir experiencias arredor da obra cinematográfica. Unha proposta que reivindica a súa alma rural e o seu espírito comunitario, sendo quen de implicar a veciñas e veciños e de inspirar as vocacións de novas xeracións de cineastas.”
O nome de chanfaina alude a unha receita tradicional dos territorios de antigos señoríos, cando as partes "nobres " do animal entregábanselle aos Señores, mentres as vísceras e as partes mais pobres quedábanse na cociña dos labregos, coas que preparaban a denominada chanfaina, de grande tradición nas parroquias de Bardaos e Igrexafeita.
Outro dos sinais de identidade da Chanfainalab é o de ser un "revolto de cousas diversas"; por iso procura a diversidade dos/as cineastas segundo idade, xénero, formación ou experiencia para que o encontro sexa un tempo fecundo, unha celebración da tolerancia, onde se intercambien ideas, experiencias e capacidades. Entre os creadores/as que participan coa súa cámara, máis do 60 % son autores/as naturais ou veciños de San Sadurniño: os mozos Anxo Pena, Iago Lourido, Bieito Beceiro, Pablo Martínez, Ángela Arnosa, Kevin Lorenzo e os colectivos “NaraíoMedia”, os veteranos veciños e veciñas de "A Rigueira" e “Teño unha horta”. Completa a listaxe "local" un grupo de cineastas, que todos os anos achegan a súa xenerosidade e talento a esta experiencia singular como Fran da Lobeira, Abel Vega, “The sun Girls”.
Entre as persoas cineastas foráneas participan novas promesas do audiovisual galego da Facultade de Belas Artes como Álvaro Trigo, María Martelo, Eva Lareo, Héctor Pousa e Irene Ávila. Profesionais de longa traxectoria como Xosé Bocixa, Cora Peña, Fernando Cortizo e Isabel Rey. Cineastas de estilos narrativos propios como Carlos Martinez-Peñalver, Andrea Zapara-Girau, Fon Cortizo e Manuel Recouso.
Todos eles e elas representan diferentes modos e xeitos de concibir a creación audiovisual dende ámbitos e prácticas artísticas diversas, engadindo matices e unha gran pluralidade a cada edición. As persoas interesadas poden descargar en Documentos o catálogo para consultar información biográfica de cada participante..
Todos os carteis da Chanfainalab desde a 1º edición inspíranse en motivos relacionados co patrimonio artístico ou natural de San Sadurniño. O cartel deste ano -deseñado polo artista gráfico Juanlu Nacha- tomou como referencia o Castelo de Naraío e á súa relevancia como enclave histórico fundamental para entender a revolución Irmandiña do século XV. Un monumento que, ademais, está situado aos pés do macizo do Forgoselo, que fai de fronteira sur do Xeoparque do Cabo Ortegal, outro dos recursos que o Chanfainalab pretende promocionar.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
Previamente desenvolvéronse os obradoiros
21-23 agosto: "Interpretación". Kevin Lorenzo
28-30 agosto:"Sobrevivir a unha filmación". Domingo Díaz.
9-16 novembro: "Despois da rodaxe, tesoira". Juan Lesta
VENRES 6 SETEMBRO
11:00h. a 12:00h. RECEPCIÓN DE CINEASTAS. Casa da Cultura.
12:30h. BENVIDA DO ALCALDE. Casa do Concello de San Sadurniño.
13:00h. AMADRIÑAMENTO ÁRBORE CONMEMORATIVA IX CHANFAINA LAB. Finca A Cortiña.
14:30h. XANTAR. Mesón A Granxa.
16:00h. SAÍDA AUTOBÚS para traslado de cineastas a Naraío. Mesón A Granxa.
16:30h. VISITA GUIADA E FOTO OFICIAL. Visita guiada ao Castelo de Naraío, polo arqueólogo Eloi Saavedra.
20:00h.PROXECCIÓN “EIRA DE CINEASTAS”
Proxección conxunta dunha peza de cada participante e primeiro encontro da fin de semana. Casa da Cultura
AURRESKU: “NIGHTMARES” FRAGMENTO DE “YOUNG MEN” de Mateo Couce, EROSIÓN de Ángela Arnosa, LIBRETINHAS de Irene Ávila, O CALDO DE MARINA de Bieito Beceiro, UNHA MULLER QUE PASA de Xosé Antón Bocixa, BUSCANDO Á SANTA COMPAÑA (fragmento) de Isabel Rei e Fernando Cortizo, O TRAZO DAS LIÑAS de Fon Cortizo, EU, A ESCOLA de Fran da Lobeira, O TESOURO (fragmento) de Xaime Fandiño, BOA VIAGEM de Eva Lareo, O PANO DE SEDA de Kevin Lorenzo, VELOS NA TEBRA de Iago Lourido, O NIÑO DA LAVERCA de María Martelo, CÓMO DESAPARECER de Carlos Martínez-Peñalver, PEDRO CHOSCO de NaraíoMedia, MANUEL (fragmento) de Cora Peña, HOGAR Y RACIOCINIO de Héctor Pousa, HONESTES (fragmento) de Manuel Recouso, FEMININO de The Sungirls, A ÚLTIMA FONTE de Teño unha horta, EXILIO de Álvaro Trigo, A PENA DE VICENTE de Abel Vega, RUOVESI (fragmento) de Andrea Zapata-Girau.. Casa da Cultura. (Entrada libre).
22:30h. Encontro de cineastas e pinchos de benvida. Mesón A Granxa.
SÁBADO 7 SETEMBRO
10:00h. Encontro e gravacións de cineastas.
14:30h. XANTAR. Mesón A Granxa. San Sadurniño.
20:00h. PROXECCIÓN CLÁSICOS DO CHANFAINA LAB “O Castelo de Naraío”. Casa da Cultura. (Entrada libre): .7+1 (2024) de Soraya Yáñez, MADEIRA DE PIÑEIRO E NOVA ZELANDA NON QUEDABA TAN LONXE (2015) de Brais Breijo, ELECTRA (2018) de Carmen Bouza, Carmen Couce, Consuelo Picos e Cruz Piñón, SIBILA (2017) de Carla Andrade, O SEIXO SENTIDO (2024) de Noa Cortizas e Suevia Fernández, VELOS NA TEBRA (2024) de Iago Lourido, CON OLLOS DE XIGANTES (2019) de Ana Martínez, NON TEÑO DONO (2019) de The Sungirls.
22:00h. Encontro de cineastas e pinchos. Mesón A Granxa..
DOMINGO 8 SETEMBRO
10.00h. Encontro e gravacións de cineastas.
15:00h. XANTAR despedida do IX Chanfaina Lab. Mesón A Granxa.
20:00: ESPECTÁCULO DE TEATRO “SESIÓN CONTINUA”. Homenaxe ao mundo do celuloide Espectáculo de Irmáns da Costa dirixido por Lino Braxe. Compañía Bucanero. Un paseo por películas como: 2001 Unha odisea no espazo, O Resplandor, Pulp Fiction, Febre do sábado noite, Instinto Básico ou Psicose entre outras. Un espectáculo de humor onde o deseño lumínico e o traballo actoral son os pilares dunha aposta novidosa e singular.
DO 6 AO 30 DE SETEMBRO
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA sobre as anteriores edicións do Chanfaina lab. A mostra pode visitarse no recibidor da Casa da Cultura durante o horario de apertura do centro e da Biblioteca Municipal
O evento está organizado polo Concello de San Sadurniño e a Aula Cemit. O encontro está patrocinado pola Deputación de A Coruña, o Concello de San Sadurniño
Podes acceder a toda a información descargando o catálogo completo de actividades e biografías d@s cineastas participantes ou a través das nosas redes sociais:
- Facebook da Chanfaina'lab
- Instagran da Chanfaina'lab
- Twitter da Chanfaina'lab
- Facebook do Concello de San Sadurniño
- Twitter do Concello de San Sadurniño
- Web do Concello de San Sadurniño
Novas publicadas:
Novas do Concello: X Chanfaina lab
Novas do Concello: O Chanfaina lab amplía programa con obradoiros antes e despois do encontro principal
Novas do Concello:
Setembro, tempo de cine co Chanfaina lab
Novas do Concello: O castelo de Naraío protagoniza a edición 2024 do Chanfaina lab
Diario de Ferrol: San Sadurniño se viste de cine con una nueva edición de su consolidado Chanfainalab
Praza pública: O Chanfainalab volve reunir en San Sadurniño 40 cineastas do país en tres días de creación e "experiencias compartidas"
Cadena Ser: Arranca el Chanfaina Lab: el rural reivindica "el cine más personal"
Nós: Chanfaina Lab: un festival para facer filmes, non para velos
Ferrol 360º: El Chanfaina Lab vuelve con el cine a San Sadurniño
Agapi: IX Chanfaina Lab do 6 ao 8 de setembro
La voz de Galicia: San Sadurniño abre a Eira de cineastas para a novena edición do Chanfaina Lab
Ferrol 360º: El Chanfaina Lab vuelve con el cine a San Sadurniño
Radio Galega: Diario cultural 06-09-2024
Código cero: Volve en setembro a factoría audiovisual veciñal de San Sadurniño: o Chanfaina Lab
O noticieiro Gal: Novo obradoiro previo ao Chanfaina lab
Temas: Chanfaina'Lab, San Sadurniño (Concello), eventos, cinema, creador@s, visitantes