Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Interxeneracional"

San Sadurniño, 2023

7ª Chanfaina Lab (11). Estrea: venres, 28 de abril do 2023
Dirección: Xavier Villaverde e Bieito Beceiro
Guión: Xavier Villaverde, Bieito Beceiro, Maruxa Bouza e Carmen Couce
Reparto: Maruxa Bouza, Bieito Beceiro, Carmen Couce, Evaristo Rico Sanjurjo, Carlos Cobelo Sanjurjo.
Fotografía, montaxe e colorista: Xavier Villaverde.
Sinopse: “ Cando o home de Maruxa morre de COVID no hospital, un rapaz da mesma aldea empeza a axudar e apoiar a esta muller na súa soidade, xurdindo entre ambos unha profunda amizade.”
Duración: 12' 25"
Gravado en San Sadurniño, na Casa Rural Outeiro dentro do programa da 7ª Chanfainalab



Xavier Villaverde (A Coruña,1958) é un dos directores máis relevantes da historia do cinema e o audiovisual galego. Un dos autores senlleiros da videocreación española dos 80, con títulos tan emblemáticos como "Veneno Puro" ou "Alicia en Galicia Caníbal" que acadaron premios e recoñecementos en numerosos festivais internacionais. Realizador publicitario de máis de 200 spots, dirixiu varias longametraxes coma "Continental", "Fisterra", "Trece Badaladas", "Gitanos de Buenos Aires", "O sexo dos Anxos". Recentemente estreou "María Casares, a muller que viviu mil vidas" gañador do Mestre Mateo ao mellor documental (2023).

Xavier achegouse a San Sadurniño despois dun longo proceso de preparación, mentres posproducía o documental sobre María Casares. O desenvolvemento do proxecto foi modélico: a través da rede escolleu aos seus intérpretes entre a veciñanza de San Sadurniño, cos que foi tecendo a estrutura e o guión da peza, meses antes da gravación: "a idea parte dunha historia real urbana -con tintes autobiográficos-, que adaptei a un entorno rural. Trátase dunha curta dramática, con algúns elementos de comedia naturalista que xorden das propias situacións cotiáns. O ritmo narrativo conta coa música como un apoio emocional importante. Os diálogos foron improvisados polas actrices e polos actores, para buscar unha maior naturalidade. A posta en escena é bastante estilizada, xogando co realismo dos espazos e localizacións escollidas, con especial coidado nos encadres, no tratamento das cores e da luz" .

“Interxeneracional" é un exemplo perfecto para definir un dos obxectivos que procuramos coa Chanfainalab: a integración da veciñanza cos cineastas invitados/as. A peza foi codirixida e coguionizada por persoas locais (Bieito Beceiro, Maruxa Bouza e Carmen Couce), baixo a mirada lúcida e creativa de Xavier a prol dunha mensaxe humanista e positiva, a pesar do dramatismo do punto de partida: "a curta quere poñer en valor algo que cada vez escasea máis hoxe en día: a interrelación afectiva entre as xeracións de persoas maiores e as xeracións de xente nova. Queremos facer con esta peza unha homenaxe aos nosos maiores, vítimas principais da epidemia do COVID". O resultado do proceso de colaboración é unha historia poderosa e conmovedora que vai directamente ao corazón. Imposible non emocionarse con ela. Para a Chanfainalab foi un auténtico orgullo contar coa participación dun cineasta fundamental na historia do cinema galego.
Fotografías de Cesar Galdo


  • "Interxeneracional"

  • Xavier Villaverde e Manolo Gómez

  • Xavier na presentacion da VII Chanfainalab

  • Xavier na exposición sobre "O Bosque animado"

  • Xavier, Carmen e Guti

  • Xavier na prantación da VII Chanfainalab

  • Xavier, Araceli e Manolo Varela

  • Xavier na foto de familia da VII Chanfainalab

  • Xavier na Eira de cineastas

  • Manolo e Xavier na eira de cineastas

  • Xavir planificando "Interxeneracional"

  • Carmen Bouza, Bieito e Xavier na gravación de Interxeneracional

  • Carme Bouza en Interxeneracional

  • Xavier gravando Interxeneracional

  • Imaxe de "Interxeneracional"

  • Maruxa, Bieito e Xavier, autor@s de Interxeneracional

  • Xavier no xantar da Chanfainalab

  • A despedida da Chanfainalab

  • Manolo Gómez, Xavier e Bieito Beceiro na gala da VII Chanfainalab

  • As "Lolas Chanfaineras" na gala

  • Xavier na estrea de "Interxeneracional"

  • Público na gala da VII Chanfainalab

  • Xavier na gala da Chanfainalab

  • Xavier na foto de familia da estrea da Chanfainalab

  • Imaxe de Interxeneracional (1)

  • Imaxe de Interxeneracional (2)

  • Imaxe de Interxeneracional (3)

  • Imaxe de Interxeneracional (4)

  • Imaxe de Interxeneracional (5)

  • Xavier Villaverde presenta a curta "Interxeneracional"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, familias, Horta de Carmiña, Horta de Maruxa, muller, San Sadurniño (parroquia), vídeos, visitantes, cinema

Autor/a: Xavier Villaverde/Bieito Beceiro

Compartir en: