Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

"Insomnio"

Lamas, 2018

5ª Chanfaina Lab (13). Estrea venres, 10 de maio do 2019.
Dirección: Sebastián Rodríguez
Sinopse:"O xogo da mente, a mesma que dificulta percibir o que é real do que non; a que che fai ver cousas que non están, pero xoga contigo para que as vexas sen fin aparente; porque es ti mesmo o que te manipulas sen sabelo, porque así somos, marionetas controladas por nós mesmos"
Duración: 1' 08''
Gravado en Lamas do 31 de agosto ao 2 de setembro do 2018 dentro do programa da 5ª Chanfainalab.


Sebastián Rodríguez (Lamas, 1998) é un mozo moi afeccionado ao cinema que participa na Chanfainalab como cineasta local por terceira vez. O ano pasado dirixiu "Galiñocidio", unha historia que entroncaba coa ficción surrealista. "Sebas" vive na parroquia de Lamas, rematou o Bacharelato Artístico no IES Concepción Arenal e ten moi decidido o seu futuro profesional, orientado cara a creación musical e son para o audiovisual. De feito, dende a súa marca Moonmusic, compón bandas sonoras para algunhas curtas e grava a grupos musicais de Ferrol e contorna.

Para a súa terceira participación na Chanfainalab, Sebas acudiu ao mundo no que case sempre procura as ideas coas que traballa: o universo onírico e persoal da súa casa de Lamas, como xa fixera o ano pasado: "A idea xurde desa sensación que te da cando espertas dun pesadelo do que non te lembras case nada, mais espertas tan desubicado, que cando saes da cama hai uns intres no que dubidas si de verdade estás esperto ou segues a durmir. Sei que ao mellor semella unha parvada, mais a min pasoume unha vez e como me pareceu unha experiencia interesante, quixen dalgún xeito rexistrar esas sensacións, por iso empreguei planos da miña casa, co percorrido exacto que fixen mentres lle daba voltas a ese pensamento de que si aínda seguía soñando, imaxes dunha casa mesturadas con outras aleatorias, representando así o que fas cando te ergues da cama e a vez que saes da habitación tentas lembrar cal foi o soño e por qué te erguiches sentíndote tan estraño."

"Insomnio" vai sobre o luscofusco do espertar dos sonos e dos soños, como ben explica o propio Sebas; a omnipresente imaxe do reloxo que abrangue o plano por enteiro; as imaxes difusas que se encadean a través de espazos persoais do propio cineasta co obxectivo de reflectir ese "tempo suspendido", no que non somos quen de saber onde estamos e para o que non temos respostas doadas: “O que pretendo e deixar ao espectador desorientado e que pense: Pero qué acabo de ver?; E qué é isto?. A peza comparte a mesma esencia que "Galiñocidio", una mestura de cousas sen sentido e retar ao espectador para que intente encaixar unhas pezas que non teñen relación algunha; porque as veces no hai que buscarlle o sentido ás cousas." Así pois, fagámoslle caso a Sebas suspendamos a consciencia e deixémonos levar pola experiencia onírica e relaxante que nos propón o cineasta de Lamas.
Fotografías de Cesar Galdo e Gabriel Tizón.

  • "Insomnio"

  • Sebastián Rodríguez na 5º chanfainalab

  • Sebas e Bieito na 5º chanfainalab

  • Sebas c@s cineastas da 5º chanfainalab

  • Sebas na plantación da 5º chanfainalab

  • Sebas mirando o castiñeiro da 5º chanfainalab

  • Sebas na foto oficial da 5º chanfainalab

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: creador@s, Lamas, vídeos, Chanfaina'Lab

Autor/a: Sebastián Rodríguez Jiménez

Vídeos:
"Galiñocidio"
"O Libro"

Compartir en: