Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Inés de Castro y Lanzós, I Señora de San Sadurniño

San Sadurniño, 1513

Inés de Castro e Lanzós é a muller que está soterrada á beira do altar maior da igrexa de San Sadurniño. Dona Inés debeu ter unha vida axitada e intensa. Filla do cabaleiro e líder irmandiño Alonso de Lanzós e da súa segunda muller, María de Castro e Montaos. Dende cativa escoitou a historia do seu vizoso pai, orfo e despoxado da herdanza familiar polos brutais e cobizosos Señores de Andrade. Tamén coñeceu a loita permanente do seu pai por recuperar o patrimonio e a honra dos Lanzós que lle correspondía por dereito familiar, ata poñerse ao fronte da revolta Irmandiña en 1467. E tras da derrota, de novo o espolio, a prisión e morte como perdedor na Coruña de 1480. Estes feitos deberon marcar profundamente a personalidade de Inés de Castro e Lanzós.
Debeu nacer un pouco antes de 1460, sendo a primoxénita das catro irmáns, ademais doutra irmanastra da primeira muller do seu pai. Supoñemos que as nenas viviron con intensidade a teima do pai por recuperar as terras, rendas e servos que lle foran arrebatados polo seu archinimigo Fernán Pérez de Andrade. Quizais durante a revolta Irmandiña tivera que agochárense coa súa nai e irmáns por seren familia dun dos líderes da rebelión. Todo ese mundo violento e brutal conformou a personalidade da moza, rumiando a súa desesperación e impotencia, ollando cómo os condes de Lemos e Andrade quitábanlle títulos e posesións e metían en prisión ao capitán irmandiño. Esta inquedanza por acadar un futuro para a súa descendencia está presente no propio testamento de Alonso de Lanzós outorgado en maio de 1480 na Coruña. Aquí podes coñecer un pouco mais polo miúdo os avatares da herdanza dos Lanzós.
Inés debeu vivir pois, marcada por isa traxedia, vendo cómo a nobreza e bonhomía do seu pai era mancillada e humillada pola elite nobiliaria de Galicia. De feito, xa aparece asinando coa súa nai a reclamación polos seus bens, “que permanecen secuestrados polo conde de Lemos e por Diego de Andrade”. En 1489 recuperan por sentenza dos Reis Católicos as posesións familiares "que Diego de Andrade les devuelva los cotos de San Sadornino, Ferreira y otros bienes"; a súa nai ratificará en 1500 o testamento do seu marido e os bens, rendas e terras dos Lanzós son para as fillas e dote de Inés -xa casada con Fernando de Andrade con quen tivo 12 fillos-.
Pouco mais sabemos dela, agás o seu gusto pola lectura- manifesto no seu sartego- a súa relixiosidade, coa fundación do convento do Rosario en 1508, construído sobre das ruínas do antigo hospital templario, ademais da vontade inequívoca de fundar un morgado para garantir a continuidade da liñaxe dos Castro-Lanzós- e así evitar que os seus fillos e bens sufriran a mesma desventura que lle aconteceu aos seus devanceiros. Ela aporta ao Morgado de San Sadurniño parte destes bens fundacionais, mais non chegará a velo creado, pois morrerá prematuramente arredor de 1513; será Fernando de Andrade, seu marido, -sen dúbida respectando a vontade da súa muller- quen funde o Señorío de San Sadurniño en 1526 e que terá continuidade ata 1953.
Terá doce fillos con Fernando de Andrade:
1- Xoán Freire de Andrade e Lanzós, II Señor de San Saduniño.
2- Fernán Pérez de Andrade, casou con Ana Barbosa,dona do couto de San Mateo (Trasancos).
3- Pedro Bermúdez de Castro, crego das freguesías de San Román de Montoxo e San Cosme de Cervo (Cedeira)
4- Alonso de Lanzós.
5- Antonio de Andrade.
6- Nuño Freire de Andrade.
7- Dª Isabel de Andrade. Casou con Pedro de Miranda.
8- Dª Constanza de Andrade. Casou con Fernán Reymondez, Señor de Figueroa (Betanzos).
9- Dª Tareixa de Andrade.
10- Dª María de Andrade, monxa en San Paio de Antealtares (Santiago de Compostela).
11- Dª Beatriz de Andrade.
12- Dª Inés de Andrade
Ma ilustración, sartego de Inés de Castro co emblema da casa Lanzós-Castro.

  • Inés de Castro y Lanzós, I Señora de San Sadurniño

  • Escudo Lanzós Castro

  • Sartego de Inés de Castro y Lanzós

  • Sinatura de Inés de Castro e Fernando de Andrade (1502)

load

Documentos:

Os señores de San Sadurniño. Fundación do morgado de San Sadurniño. Fernando Dopico Blanco
Análise do sartego de Inés de Castro e Lanzós. Margarita Sánchez. (2014)
Testamento de Alonso de Lanzós (1480)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: San Sadurniño (Concello), Señores de San Sadurniño, Convento do Rosario, Pazo da Marquesa

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: