O día a día de mestres e cativos nas escolas de San Sadurniño : aldea de verán, CPI San Sadurniño, escolas, colexio das monxas, nenos e nenas
San Sadurniño, 1973
O 10 de decembro de 1973 -baixo o alcalde Santiago Secada- abríu as súas portas o flamante colexio de EXB de San Sadurniño. Fora unha teima persoal do anterior alcalde Ángel Gavín. Propúxose mercar 10.000 metros cadrados de terreo ao carón do concello para edificar un grupo escolar pioneiro que agrupase as deficientes escolas unitarias que salpicaban o disperso territorio de San Sadurniño. Unha escola con comedores, transporte escolar, espazo para actividades deportivas que puidera ser ampliado e mellorado ao longo do tempo. O Concello solicitouno oficialmente o 5 de febreiro de 1966. Nos anos seguintes falouse paseniñamente con veciños e veciñas, un a un, con paciencia e tolerancia, ata que a comezos de 1969 o obxectivo estaba cumprido e todas as terras do proxecto eran xa propiedade do Concello. Tras dous anos en obras, inaugurábase o Colexio público de San Sadurniño. O primeiro director foi Jesús Ramos Fernández que tamén era concelleiro na corporación municipal de Santiago Secada.
Os outros directores foron: Jesús Ramos Fernández (1973 - 1976); Camilo Almeida Rodriguez ( 1976 - 1977); Segundo Marzoa Suárez (1977-1980); José Quiza Pego (1980-1986) Jesús Breijo Álvarez (1986-1989); José Pantín López (1989-1991); Crisanto Poveda Gallego (1991-1993); Juan Manuel Fernández Fernández (1993-1994); MarÍa José Pouso Grandal (1994-1995); José LuÍs Docampo Amoedo ( 1995-1996); José Pantín López (1996-1997); Mª Carmen Montero Sanjurjo (1997-1998); José Quiza Pego ( 1998-2006)
O 23 de abril de 1992 inaugurábase o pavillón polideportivo cuberto que permitirá a práctica de calquera deporte e será o campo do equipo de voleivol local.
O outro fito histórico máis importante foi a súa conversión en CPI, despois dun longo e conflitivo proceso durante os anos 1996-1998. Ao fin, en xaneiro de 1999 rematáronse as obras do novo edificio e o Colexio Público converteuse definitivamente en CPI.
Un centro modélico con numerosas actividades e premios de todo tipo ao longo dos seus corenta anos de historia e que podes seguir na web ou na súa canle de Youtube.
Xosé López Gudín –que foi profesor alí- fálanos dos comezos desta institución educativa fundamental para o concello de San Sadurniño.
Na 3ª Chanfaina Lab, o alumno de 1º da ESO, Pablo Martínez amosa o seu traxecto ata o centro educativo na súa peza "O meu traxecto ao cole"
Temas: escola, nenos e nenas, San Sadurniño (Concello)
Autor/a: Xosé López Gudín
Vídeos:
Programa de TVE "Galicia, de escola a escola”(1989)
De ratos e nenos (2013)