Iniciativas e servizos promovidos polo Concello ou as asociacións culturais e veciñais de San Sadurniño.
Currás, San Sadurniño, 1998
Unha vella arela da mocidade de San Sadurniño era a instalación dunha piscina municipal en San Sadurniño no lugar de Currás. A mellora figuraba en todos os programas electorais da década dos 80, mais será en 1998 cando nos tempos da alcaldía de Constantino Bedoya se converta en realidade, xunto coa construción do campo de fútbol nunha parcela de 10.000 metros cadrados dos que 3.000 son ocupados polas piscinas e instalacións anexas.
Os terreos para construír a Área Recreativa de Currás foran cedidos polo Bispado de Mondoñedo ao Concello presidido polo socialista Manuel José Lamas en marzo de 1989, despois dun complexo proceso iniciado pola Marquesa de San Sadurniño en 1946.
A piscina foi sufragada pola Deputación de Coruña. As obras comezaran en setembro de 1997, sendo inauguradas por Augusto Cesar Lendoiro o 21 de xullo de 1998. O complexo lúdico-deportivo de Currás converterase deseguida nunha referencia para o desenvolvemento de numerosas actividades nos veráns como a Festa da familia, ademais doutras iniciativas orientadas ao público infantil. O complexo acometerá unha reforma integral no ano 2016.
Temas: deporte, fútbol , lecer, nenos e nenas, San Sadurniño (parroquia)
Autor/a: Fálame