Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Igrexafeita e Naraío contra os Andrade

Igrexafeita, Naraío, 1491

A derrota Irmandiña permitiu que, de novo, os Señores de Andrade sigan a abusar dos seus “servos” pola súa desmedida cobiza e crueldade. En 1491 os indignados veciños de Igrexafeita e Naraío escríbenlle una carta ao Gobernador dos Reis Católicos en Galicia, Diego López de Haro, protestando contra as continuas inxustizas, agravios e novos impostos aos que os sometía o seu señor Diego de Andrade quen morre precisamente a finais de 1490 .
Diego de Andrade -igual que o seu pai Fernán Pérez II de Andrade, verdugo dos Irmandiños- tamén debía ser de armas tomar, porque os mesmísimos Reis Católicos respóstanlle aos veciños en carta expedida o 11 de febreiro de 1491. Nela pídenlle ao novo señor, aínda menor de idade -14 anos- Fernando de Andrade e a súa nai, a viúva María das Mariñas, que corrixan os abusos do seu pai e que non “maten, nin firan, nin lisien , nin prendan ou embarguen, nin fagan outro dano, nin desaguisado algún nas persoas ou bens dos veciños” e mandan “que fagades pregoar esta carta polas prazas e mercados por pregoeiro e ante escribán público, para que todos teñan noticia e non se poda pretender ignorancia”. Mais os poderosos Andrade continuarán controlando as terras de Naraío e Igrexafeita durante moitos anos mais, ata seren absorbidos pola Casa de Alba no século XVIII. Descarga o documento coa historia completa. Na fotografía, os Reis Católicos.

Igrexafeita e Naraío contra os Andrade

Documentos:

Igrexafeita e Naraio contra os Andrade (2000)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: castelo de Naraio, Igrexafeita, labregos e labregas, Naraío, conflitos

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: