Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
Casal, San Sadurniño, 1909
As Casas de Postas eran instalacións oficiais que garantían o subministro de cabalos preciso para realizar as viaxes das dilixencias ou o servizo de correos. Foron creadas en 1518, mais impulsadas nomeadamente polos Borbóns do século XVIII. Aínda que a Casa de Postas de San Sadurniño non figuraba na rede principal, si que estaba no Camiño Real que conducía cara o Ortegal e debeu abrirse hai mais de douscentos anos. No 1835 o correo chegaba aquí tres veces por semana dende Ferrol. A mediados do século XIX o servizo estaba atendido por un colono do Marqués,
Domingo Rico . O seu fillo e futuro alcalde Tomás Rico Martínez mercará o propiedade ao Marqués a fins do século XIX;
O goberno español instalara unha oficina de telégrafos provisoria precisamente na Casa de Postas -situada fronte ao Pazo dos Marqueses- con motivo da visita real de Alfonso XIII e mais de Antonio Maura, presidente do consello de ministros o 25 de xullo de 1909. Un telegrama urxente reúne na Casa de postas ao Rei e o Presidente do goberno. Alí terá lugar esta anécdota que nos narra a investigadora e historiadora Margarita Sánchez Yáñez.
Na fotografía, antiga casa de postas de San Sadurniño arredor de 1924.
Temas: Pazo da Marquesa, San Sadurniño (Concello), visitantes
Autor/a: Margarita Sánchez Yáñez