Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
San Sadurniño, 1927
Alfonso XIII e Victoria Eugenia -de visita oficial a Galicia- achegáronse a San Sadurniño o venres 23 de setembro de 1927 para saudar á -xa viúva- Duquesa da Conquista. Despois de xantar en Ferrol, chegaron ao Pazo da Marquesa en automóbil sobre as sete da tarde. Para o Rei era xa a terceira visita, tras das realizadas en 1904 e 1909. O seu fillo Alfonso, Príncipe de Asturias, aínda regresará a San Sadurniño tres anos despois.
A pesar da choiva intensa daquel día, a recepción popular aos Reis de España foi multitudinaria. Moitas xentes das parroquias de San Sadurniño non quixeron perder a ocasión de "ollar de preto aos reis". Asemade, nenos e nenas viñeron a pé desde todas as escolas do concello para vivir un día cualificado como "histórico" polos seus mestres.
Despois da actuación do coro “Toxos e Froles” no patio do Pazo, aconteceu esta anécdota falada pola historiadora Margarita Sánchez, segundo as lembranzas de Francisca Rodríguez López "Fany", que daquela tería nove anos:
Na chanfainalab 2015, a cineasta Susana Rey inspirándose nesta historia compuxo a canción "Ela ten jakeka", pandeirada de San Sadurniño, no filme "Come Go".
Na fotografía, a raíña Victoria Eugenia
Temas: Pazo da Marquesa, San Sadurniño (Concello), muller, visitantes
Autor/a: Margarita Sánchez Yáñez