Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

patrimonio

Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,

Historia do castelo de Naraío

Naraio, 1364

O 1 de maio de 1364, en Murviedro (Valencia), Pedro I, rei de Castela outórgalle a Fernán Pérez de Andrade "O boo" a posesión da feligresía de Naraío en agradecemento, "por sus buenos et leales servicios que habedes fecho et facedes cada día, dovos en donación para siempre jamás la feligresía de Santa María de Narayo con todos sus términos et vasallos et montes, et pastos, et prados, et justicia et señorío, fueros et foreros de dicha feligresía". (Igrexafeita pertencía á feligresía de Naraío).
Os privilexios sobre Naraío, mais a freguesía de Ferreira e Recimil, fóronlle confirmados de novo a Fernán Perez en 1371 e 1377 polo rei de Castela, Enrique II, pola "cuanta lealtade en vós hallamos". A xenerosidade do Rei neste caso, xustificábase pola colaboración de Fernán Pérez de Andrade na 1ª Guerra civil castelá contra o rei lexítimo Pedro I, mesmo -segundo se conta- participando activamente no seu asasinato. O castelo de Naraío foille "roubado" ao cabaleiro Gonzalo Piñeiro partidario do bando perdedor.
Diste xeito, a cobizosa sombra dos Andrade entrou nas terras de San sadurniño, sendo fonte constante de conflitos cós habitantes do val e o Couto do Pedroso durante todo o século XIV. O Castelo de Naraío aparece en numerosos documentos como a "cárcere" na que os Andrade castigaban aos vasalos "rebeldes" que puxeran en cuestión o poder señorial nas "súas" terras. Entre 1467 e 1470 converteuse en esceario principal da Revolta Irmandiña contra do brutal Diego de Andrade. Foi derrubado e voltou a reconstruírense como represalia pola sublevación antiseñorial. Arredor de 1609 o castelo ficou abandoado.
No 2006 a Casa de Alba cedeuno ao concello por 30 anos e comezou a rehabilitarse no 2007. O Castelo e a súa contorna son hoxe lugares de visita obligada polo seu valor patrimonial e beleza, mais tamén polas lendas e referenzas literarias, como Cunqueiro ou Ramón Loureiro entre outros.
O primeiro estudo histórico sobre o Castelo foi realizado polo enxeñeiro catalán afincado en Ferrol Andrés Avelino Comerma y Batalla en 1903.Descarga varios documentos coa historia completa do Castelo e mira os vídeos na parte dereita da pantalla.

  • Historia do castelo de Naraío

  • Naraio dende o Forgoselo

  • Naraio

  • O castelo

  • Postal 1910

  • Naraio 2010

  • Castelo de Naraio polo pintor Luis

  • Castelo de Naraio polo pintor Piñón Bouza

  • Castelo de Naraio dende San Roque (Foto Cesar Galdo)

  • Castelo de Naraio antes da restauración

  • Gravado de Naraio

  • Escudo dos Andrade, o Señor de Naraío

  • castelo

  • Outra do castelo de Naraío

  • Val do castelo

  • Castelo dende o río Castro

  • Castelo por Manolo Carballeira

  • Castelo por Juan Luis Rúa Prieto

  • Castelo de Naraío por Ramón Loureiro

load

Documentos:

Historia do Castelo de Naraio , (1903)
A revolta irmandiña. Narahío un castelo medieval.(2000)
Os Andrade en Naraío (2000)
Os castelos dos Andrade: Unha proposta de intervención (2013)
Unha nova interpretación do privilexio de Murviedro de 1364. Carlos de Castro Alvarez. Revista Cátedra
Sendeiros do Río Castro
Privilexio de Murviedro (1364)
El castillo de Narahío. Alonso Rodríguez, J. A.; López Hermida, J. (2013). pax. 519

Comentarios

Luis-Carlos (PINHEIRO de ANDRADE!...) de Barros e Cunha

2014-08-13 15:45:39

Re: Quem e' o Pintor "Luis", q/ pintou o Castelo de Naraio q/ nos mostra aqui?

Máis imaxes

Temas: castelo de Naraio, Naraío, patrimonios, vídeos, conflitos, Igrexafeita, Señores de San Sadurniño

Autor/a: Manuel González Álvarez

Fotógrafo/a: Arquivo municipal de San Sadurniño

Vídeos:
Na memoria dos irmandiños
Castelo de Naraio dende lonxe
Castelo de Naraio
Entornos do castelo

Compartir en: