Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

patrimonio

Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,

Historia da Capela de Belén

Campo da Feira, San Sadurniño, 1707

O párroco Francisco Javier Martínez explícanos a historia da capela de Belén, situada no campo da feira, dende a súa fundación o 11 de xullo de 1707 por Francisca Pardo de Figueroa, primeira Marquesa de San Sadurniño.
Esta primeira capela era máis pequena, feita de lousa e madeira uns metros abaixo da actual que construiuse no 1715. Tamén mantiña a devoción por San Caetano.
Podes ler unha análise da historiadora Margarita Sánchez que interpreta o escudo da fachada a través dos motivos utilizados, pois representan os emblemas das ramas femininas da historia familiar: Lanzós, Castro, Figueroa e Osorio. É unha capela que pide protección para o parto e a fertilidade das mulleres da familia. A imaxe actual da Virxe foi realizada polo escultor Carlos García Romero no ano 2007, substituindo a talla orixinal roubada hai 30 anos. No seu campo celébrase unha festa popular e foi o espazo da feira dende finais do século XVII no que se trasladou do campo entre o convento e o pazo.

Tamén podes desgargar un documento sobre as tradicionais festas de Belen en 1977 no xornal Pumariño

  • Historia da Capela de Belén

  • Festa da Capela de Belén

  • Festas de Belén. Matías Wirz e a súa filla Carmen

  • Fundación da Capela de Belén no 1707

  • Procesión do Rosario en Belén

  • Capela de Belén e fonte

  • Fonte da Capela de Belén

  • Interior Capela de Belén

  • Abandono da capela de Belén. Pumariño (marzo 1977)

  • Capela de Belén na actualidade

  • Capela de Belén en 1974

  • Virxe de Belen realizada por Carlos García

  • Virxe e neno de Belen por Carlos García

  • Escudo dos marqueses coas armas de Lanzós, Castro, Figueroa e Osorio

  • Bendición nova imaxe da Virxe de Belen (22-12-2007)

  • Talla da Virxe de Belén (Carlos García)

load

Documentos:

Festas de Belen 1977 (Pumariño)
Análise da Capela de Belen.Margarita Sánchez

Comentarios

Máis imaxes

Temas: feiras, festas e romarías, Capelas, patrimonios, San Sadurniño (parroquia), vídeos

Autor/a: Francisco Javier Martínez Prieto

Vídeos:
Capela de Belén

Compartir en: