Igrexafeita , 2026
10ª Chanfaina Lab (5). Estrea: 10 de abril do 2026
Dirección: Teño unha horta.
Duración: 05' 06"
Montax: Ánxela Arnosa.
Sinopse: As veciñas de San Sadurniño, Carmen, Maruxa e Consuelo deciden darlle un paseo ás súas galiñas en plena gripe aviar.
Máis información sobre esta peza en: Chanfainalab
TEÑO UNHA HORTA é un colectivo formado por Carmen Bouza (Lamas, 1948), Carmen Couce (Lamas, 1949), Cruz Piñón (Ferreira, 1953), Consuelo Picos (Igrexafeita, 1945), e Lucía Pita (Naraío, 1937), veteranas colaboradoras de "Fálame de San Sadurniño", crearon o proxecto "Teño unha horta en San Sadurniño" no ano 2015 co obxectivo de difundir e compartir o coñecemento e a experiencia das mulleres nos traballos do campo. Na súa canle de Youtube, arredor de 70 vídeos publicados, dan a coñecer os labores agrícolas ensinando trucos e tarefas tradicionais da agricultura galega. O proxecto acadou un grande éxito mediático con preto de un millón de visualizacións e 2.300 subscritores, e xa recibiu unha morea de premios e recoñecementos como a "mellor web serie en VO" no Carballo Interplay, "Mellor vídeo-opinarmos" en Youtubeir@s, ou o premio como "Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores", outorgado pola fundación DomusVi, entre outros moitos recoñecementos e considerado xa como un referente na rede. Alén diso, as cinco mulleres -xa como cineastas- sorprenderon nos diferentes Chanfainas coas súas pezas colectivas: "Historia do cisne, o atún e a troita"(2017), "Boniatos no país do sol poniente" (2018), "Electra" (2019), "Decides que o matrimonio" (2020), "Cando eu era nova" (2023), "A última fonte" (2024) e "No tempo dos escapados" (2025).
Como nos leva pasado en anteriores edicións da Chanfainalab, tardamos en dar co tema do noso vídeo; dámolles moitas voltas, mais iste ano decidimos facer algo coas galiñas polo da gripe aviar, pero algo que dera un pouco de risa á veciñanza. Esa era a única intencion.
Temas: animais, Chanfaina'Lab, creador@s, gandeiría, Horta de Carmiña, Horta de Consuelo, Horta de Maruxa, Igrexafeita, lecer, paseos, vídeos
Autor/a: "Teño unha horta"