Negocios, comercios ou empresas que desenvolven ou desenvolveron a súa actividade no Concello de San Sadurniño: bares e tabernas, datos estatísticos, empresas agrogandeiras, empresas da madeira, empresas de servizos, empresas enerxéticas, emprendedor@s, mineiría
Eirixado, Naraío, 2001
Un dos aspectos que máis chaman a atención aos visitantes de San Sadurniño, Valdoviño ou Narón é a abundancia de Cooperativas Agrarias que tanto serven como centros comerciais e agrogandeiros como entidades de crédito aos seus socios para mercar unha casa, novas ferramentas agrarias ou mellorar as explotacións agroandeiras. A tradición cooperativa en Ferrolterra comezou hai cen anos, no 1917 co Sindicato Católico Agrícola e Gandeiro, que hoxe denomínase "Cooperativa de Meirás". O lector interesado pode coñecer a súa historia en "A duquesa, o cura e o sindicato".
A pesares de que houbo varios intentos de conformar cooperativas en San Sadurniño ou Sta Mariña do Monte durante a segunda metade do século XX, será en Naraío onde se inicie unha experiencia cooperativa que chega ata os nosos días.O proxecto da "Sociedad Cooperativa de Productores del Campo de Santa María de Narahío" veu das mans do párroco José María Ladra e do axente de Extensión Agraria de Ferrol, Manuel Domínguez Rodríguez no 1971. Posteriormente, en 1974 conseguiron crear unha Caixa Rural para ofertar tamén servizos de crédito. A cooperativa de Naraío foi o hipermercado da parroquia durante moitos anos, mais tamén funcionou como oficina de crédito inmobiliario ou para mercar maquinaria agrícola. Chegou a contar con case 1.000 socios. A cooperativa situábase ao carón da Ponte da Ferrería.
No ano 2001 prodúcese a fusión da pequena cooperativa de Naraío coa puxante cooperativa de Meirás. As Asambleas de socios das dúas entidades ratificaron a decisión para crear un grupo comercial máis solvente e sólido que hoxe ten unha forte implantación en Valdoviño e San Sadurniño.
A cooperativa de Meirás-Naraio abriu tamén un supermercado no centro de San Sadurniño en decembro do 2005. Hoxe constitúe a empresa comercial máis importante do concello. A cooperativa de Meirás dispón de supermercados en Meirás, San Mateo, Naraío e San Sadurniño, empregando a 30 traballadores e conta con arredor de 10.000 socios.
É un dos patrocinadores históricos do Festival do Río Castro.
Podes ver aquí unha reportaxe da TVG sobre a Cooperativa
Temas: San Sadurniño (Concello), empresas de servizos, emprendedor@s, Naraío