Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
San Sadurniño, 1900
Case un mes despois da morte en Madrid de José Mariano Quindós y Tejada, VI Marqués de San Sadurniño, o 12 de maio de 1900 celebrouse un gran funeral no mosteiro do Rosario. Trinta e dúas misas ininterrompidas dende as seis da mañá ata o mediodia coa asistencia de todas as autoridades e persoeiros de San Sadurniño: o xa octoxenario colono Francisco Bastida Alvariño (1821-1905), fillo do primeiro alcalde do Concello, alcalde José María Díaz Rodríguez, Serafín Alende, practicante e xuíz municipal, o novo notario García de Quevedo, Francisco Barcón, o industrial de Neda e propietario de varias minas en San Sadurniño, o ex-administrador e ex-secretario do Concello Antonio López Torrens entre moitos outros persoeiros de todo Ferrolterra. O coordenador do solemne funeral foi o párroco e Administrador do Marqués Felipe Calvo. O acto rematou -como non podía ser menos- "con una buena y servida comida a la que asistieron los 32 oficiantes y los predilectos amigos".
O pazo do marqués permaneceu pechado durante o verán, aínda que en outubro sufríu un intento de roubo.
Pola súa parte, o Concello de Ferrol adicaralle unha Praza no casco vello da cidade departamentel en xuño deste mesmo ano.
Na ilustración, crónica do funeral publicada en "El correo gallego" de 14 de maio de 1900
Temas: Convento do Rosario, San Sadurniño (Concello), Señores de San Sadurniño