Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

"Fíate e non corras"

San Sadurniño e Naraío, 2023

7ª Chanfaina Lab (18). Estrea: venres 16 de xuño do 2023
Director: Abel Vega.
Cámara: Ángela Arnosa
Reparto: Abel Vega, Brianda García, Carmen Bouza, Carmen Couce, Consuelo Picos, Cruz Piñón, María Luz Tembrás, Kevin Lorenzo, Brais Varela.
Sinopse: "As aventuras dun cura moi especial, quen venera a deusa pagana Navia e agocha segredos inconfesábeis"
Duración: 5' 10”
Gravado na estatua da deusa Navia e a capela de Santa Mariña (Naraío) dentro do programa da 7ª Chanfainalab




Abel Vega (Igrexafeita, 1958). Foi durante varios anos o presidente da Asociación de Veciños “Adiante Igrexafeita”. Abel tamén é acordeonista ocasional, gran cociñeiro e experto en manualidades de todo tipo. Abel traballou arreo durante toda a vida como albanel, mais unha enfermidade laboral apartouno do seu oficio. Inquedo e activo, cunha curiosidade sen límite, aos seus 60 anos e pico, segue a vivir unha segunda xuventude. Como él mesmo afirma con humor, agora dispón de tempo para atender ás catro galiñas da casa, colaborar no que poida coa asociación veciñal Adiante Igrexafeita, tocar o acordeón e gravar vídeos con vocación didáctica, nos que mira coa cámara todo o que lle resulta familiar, en definitiva, todo canto o envolve. É un cineasta afeccionado que está a videocartografar a súa parroquia, sorprendendo nos últimos anos coas súas creacións audiovisuais e recibindo ao tempo numerosos eloxios dos cineastas asistentes á Chanfainalab. Aprendemos xa a facer pan, descubrimos os muíños de Igrexafeita, as pedras do Forgoselo, as fervenzas do Río Castro, a feroz vida salvaxe no interior dun formigueiro ou un avispeiro, ou como eran as "casas de antes". Imaxes e sons que perpetúan a memoria local tanto a nivel patrimonial como etnográfico. Podes ver algúns dos seus filmes en Fálame de San Sadurniño para comprobar o seu amor polos fermosos recunchos da paisaxe humana e natural da súa patria da infancia, a querida parroquia de Igrexafeita e tamén da Serra do Forgoselo da que é un auténtico erudito. Nos dous últimos anos traballou como actor e escenógrafo no grupo de teatro “A Barcalora teatro” coa obra “O Satanasiño”.

Abel é unha institución da Chanfainalab. Un imprescindible pola súa bonhomía, retranca e sabedoría diante de calquera dificultade... todo vaise resolvendo. Como en todas as edicións está en todas partes, axudando a quen o precise. Para el non existe a palabra non. Neste ano participou en "Espoiler Chanfaineiro" de Fran da Lobeira "Navia" de Kevin Lorenzo, "The porquer" de NaraíoMedia e "O arado" de Domingo Díaz. Abel tíñanos acostumados a súa peculiar e orixinalísima mirada documental. Pero nesta edición quixo trocar o rexistro por enteiro: "Xa levo feito varias curtas, pero sempre detrás da cámara, así que este ano decidín poñerme diante a cámara. Para min era unha nova experiencia e en canto teña ocasión repetirei encantado sen dubidalo. A peza levoume o meu tempo. De primeiras estaba o asunto dos permisos, falei moito co cura da parroquia e orientoume a pedir unha carta ao bispado para solicitar permiso e rodar nunha igrexa, mais... todo eran dificultades; ao final falei con outra persoa que si me deu permiso e abriume as portas da capela de Santa Maríña en Naraío. Eu fora sancristán e dábaseme ben facer de cura serio, aínda que na peza tiña que facer de párroco borrachiño. Un cura que ao tempo estaba nun estado "gracioso" ou "avariado" e que tiña gardados todos os seus aforros pensando que estaban seguros baixo do santo. Tamén contei cun grupo de actores e actrices de primeira división".

"Fíate e non corras" lémbranos as pezas teatrais do teatro popular galego, nesta ocasión cun protagonista como un estereotipo que recibe as burlas dos seus parroquianos. "O que tamén penso que todo o que acontece pode ocorrer na vida real, aínda que nestes casos, a maioría da xente nunca chega a sabelo. Pretendo que a xente pase un rato divertido e que ría ás gargalladas. Non teño outra intención". Así pois fagamos caso da recomendación de Abel: gocemos da peza con humor e sen prexuízos. Na Chanfainalab estamos encantados de que o cineasta de Igrexafeita nos faga sorrir ano tras ano.
Fotografías de César Galdo.

  • "Fíate e non corras"

  • Abel Vega no curso montaxe de Fran X. Rodríguez

  • Abel Vega no curso de son con David Machado

  • Abel Vega na recepción de cineastas no Concello de San Sadurniño

  • Abel Vega na plantación da árbore conmemorativa da VII Chanfaina

  • Abel Vega na foto oficial da VII Chanfaina

  • Abel Vega presentándose na Eira de cineastas

  • Abel Vega co resto de cineastas na Eira de cineastas

  • Abel Vega con Domingo Díaz na rodaxe de "O arado"

  • Abel Vega na curta "O arado"

  • Abel Vega no encontro VII Chanfaina

  • Abel Vega na despedida da VII Chanfaina

  • Abel Vega, Ángela Arnosa e Kevin Lorenzo

  • Abel Vega presenta a curta na gala da VII Chanfina

  • Abel Vega presenta a peza "Fíate e non corras"

  • Público asistente á gala da VII Chanfaina

  • Abel Vega na foto de familia da gala da VII Chanfaina

  • Abel Vega presenta a curta "Fíate e non corras"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Naraío, creador@s, Chanfaina'Lab, Capelas, vídeos

Autor/a: Abel Vega Vega

Compartir en: