Lamas, 1935
O Centro Recreativo e Cultural de Lamas continúa orgaizando actividades como ven sendo habitual durante todo o período republicano. Nesta ocasión trátase dun Festival realizado o 8 de decembro de 1935. Ademais de conferencias sobre "Democracia" a cargo de Manuel López, tamén desenvólvese un recital de poesías de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Juan Ramón Jimenez ou García Lorca entre outros, finalizando co himno galego e o da República. Ao acto estaban especialmente invitadas outras Sociedades da contorna como o Centro de Campesiños (Ferreira), El Fenix (Moeche), Sociedade Juventud (A Barqueira) e El progreso (Somozas).