O devalar no tempo despois do traballo: paseos, festas, romarías, xogos, deportes e actividades de lecer das xentes de San Sadurniño: bares e tabernas, cinema creador@s, deporte, eventos musicais, feiras, festas e romarías, gastronomías, músicas, naturezas, patrimonio, paseos, ríos,teatro, visitantes senlleiros,
San Sadurniño, 1901
As festas de Santa Isabel a primeiros de xullo seguen a marcar o inicio do ciclo festivo do verán. Como ven sendo habitual as celebracións relixiosas ocupan un lugar central nos festexos. A crónica de "El correo Gallego"do seis de xullo detalla o programa: a procesión que ía dende o claustro do Mosteiro ata a Capela do Pazo dos Señores celebrada dende tempo inmemorial, varias misas solemnes e unha gran "homilía" -nesta ocasión de 40 minutos- pronunciada polo Reitor do Seminario de Mondoñedo Gervasio Rodil Osorio. Cara a noitiña, bailes no adro da igrexa parroquial; fogos de artificio do Sr Millarengo e globos aerostáticos a cargo do industrial betanceiro Claudino Pita. Todo elo animado polos músicos de Ortigueira da "Banda de Presa" de Vicente Rebollar. Por suposto ás animadísimas veladas asistían moitas señoritas da boa sociedade ferrolana e arredores.
Podes ler aquí a crónica dos festexos