Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

lecer

O devalar no tempo despois do traballo: paseos, festas, romarías, xogos, deportes e actividades de lecer das xentes de San Sadurniño: bares e tabernas, cinema creador@s, deporte, eventos musicais, feiras, festas e romarías, gastronomías, músicas, naturezas, patrimonio, paseos, ríos,teatro, visitantes senlleiros,

Festa relixiosa da Virxe do Rosario

San Sadurniño, 1902

A vontade da Marquesa de utilizar o Pazo durante o verán como un espazo de sociabilidade da aristocracia española complétase con outras iniciativas que tenden a potenciar a súa influencia e poder na vila e nomeadamente entre os seus caseiros e colonos.
Do 26 ao 29 de outubro de 1902, celébrase no Convento do Rosario "un solemne triduo en honor a la Virgen del Rosario", no que participan numerosos sacerdotes da comarca e predicadores dominicos. Os Duques da Conquista sufragaron os gastos do evento ao que tamén asistiron destacados representantes do poder político e social como o Conde de Fontao, os industriais de Narón Barcón y Rivero ou o avogado Antonio Goyanes entre outros. Os sermóns desenvolvéronse no adro parroquial. A Marquesa ademais agasallou á imaxe patroa un "manto de seda de color azul pálido y bordado en plata". Asemade o cronista do acto, o poeta-notario da vila José García de Quevedo, destaca a mestría da Marquesa tocando o piano que acompañando aos cánticos relixiosos dun coro local que actuou neses días, para finalizar co agasallo de numerosos crucifixos, rosarios e escapularios do Sagrado corazón a todos os asistentes. Podes ler aquí a crónica do evento en dúas partes.

  • Festa relixiosa da Virxe do Rosario

  • Cronica de"El Correo gallego." 2-10-1902 (2º parte).

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: festas e romarías, Convento do Rosario, lecer, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (parroquia)

Compartir en: