O devalar no tempo do traballo: os labores agrarios e gandeiros, artesáns, as feiras, comerciantes e taberneiros: animais , bares e tabernas, emigración, feiras , gandería , labregos e labregas, oficios artesanais, tecidos, o traballo nas hortas datos estatísticos
Igrexafeita, 1913
A comezos da década de 1910 celébranse xa dúas feiras no campo da feira en San Sadurniño -primeiro domingo de cada mes e o día 17- ademais da que se facía en Santa Mariña do Monte o ultimo domingo do mes.
O alcalde -e comerciante- Pelayo Casal decide crear unha nova feira no outro extremo do Concello, en Igrexafeita todos os días 18. Cumpríase así unha vella arela dos labregos e labregas da banda oriental do Concello. A primeira feira da parroquia tivo lugar o 18 de maio de 1913 nun terreo arrendado a Antonio García Varela, quen fora concelleiro de varias corporacións locais e rico propetario. Os veciños plantaron bidueiros para ter sombra no futuro e os gaiteiros animaron o día. No 1922 aínda seguía a facerse nese mesmo lugar, mais arredor de 1926 deixou de realizarse.