Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Eu quero unha pipa"

San Sadurniño, 2024

8ª Chanfaina Lab (11). Estrea: venres 5 de abril do 2024
Dirección e montaxe: Candela Conde
Axudante de cámara: Andrea Varela
Sinopse: “Atópote en cada paso, en cada casa vella que se desgasta co tempo, no movemento que produce o aire nas distintas superficies, en cada bar que abre e sirve cuncas de viño e nas partidas de cartas que se xogan nel, nos coches pequeniños que suben amodiño as costas, nos animais que pastan nas fincas, nas tarefas do campo, nos tractores que preparan a terra e nos rulos que se recollen ó final da tempada. Esta peza é unha viaxe na que te atopei por San Sadurniño.”
Duración: 05:06
Gravado na parroquia de San Sadurniño dentro do programa da 8ª Chanfainalab



Candela Conde (Porriño, 2001).
De pequena quería ser hippie e traballar no circo, ser profesora, veterinaria, escritora, construír unha casa nas nubes cun tobogán e ter un centro de rescate de animais. Despois de viaxar por cada unha destas opcións decanteime por estudar Belas Artes e agora xa teño un papeliño que di que son oficialmente “Artista”. Decidín retornar a Santiago para levar a cabo diversos proxectos artísticos, polo menos ata que me ferva o cu aquí e decida marchar a outro lugar. As principais liñas temáticas da miña traxectoria audiovisual son o corpo, a volta ó primixenio, escapar da sociedade ou a natureza, que pode aparecer na obra representada ou ser o propio espazo de traballo. Tamén estou interesada en explorar o mundo da arte sonora experimental para introducila nas pezas audiovisuais. No 2022 realicei "Susurros do enxebre” e "A casa dos avós". No 2023 “Es (ser) e ser un espacio”.

Candela aterrou na Chanfainalab cunha idea inicial moi básica para desenvolver no territorio, mais que deseguida desbotou ao respirar a atmosfera de Sansa: "Unha vez en San Sadurniño tíveno claro. Son partidaria de apostar por unha idea unha vez que chego o espazo no que vou traballar, porque este me fala, a paisaxe sonora, a xente, o tempo, a distribución dos espazos….todo ten vida propia e única. E o final... foi o que fixen. No primeiro día vivín varias sensacións que me lembraron a unha persoa moi importante para min -o meu avó- e souben nese intre que a peza ía falar sobre el. Camiñando por San Sadurniño fun atopando o seu ronsel nos diferentes espazos que filmei para "Eu quero unha pipa".

"Eu quero unha pipa" é un poema visual, un puzzle formado por pequenos intres luminosos, cargados de vida, que no seu conxunto constitúen unha sentida homenaxe ao avó de Candela. "Non quero afondar moito nisto para non condicionar ó espectador, pero é moi importante para min ter conseguido darlle un espazo a sentimentos moi persoais arredor do amor e da morte. Como dixo J.A. Bayona: “las historias son criaturas salvajes que nos hacen estar vivos”. A emoción que se produce as veces no espectador pon de manifesto a universalidade das emocións. Espero que cada público consiga levar un anaquiño desta peza, para cando o precise". Do que se trata pois, é de deixármonos levar polo sentimento e a emoción da novísima cineasta de Porriño e viaxar con ela por Sansa na procura do seu ser querido. Unha viaxe universal que pode ser compartida por calquera persoa que busque no entorno as pegadas de quen amou algún día.
Fotografías Cesar Galdo

  • "Eu quero unha pipa"

  • Candela e Andrea na plantación da árbore conmemorativa da 8º chanfainalab

  • Candela e Andrea na foto oficial da 8º chanfainalab

  • Candela Conde na "eira de cineastas"

  • Presentacións na eira de cineastas.

  • Candela presentándose na "Eira de cineastas"

  • Candela e Andrea na procura de imaxes

  • Candela na capela de Belén

  • Andrea Varela

  • Gravando na capela de Belen

  • Andrea e Candela

  • Candela recollendo a súa Lola Chanfaineira

  • Público asistente á gala da 8º Chanfainalab

  • Candela e cineastas no escenario da Casa da Cultura

  • Cineastas da 8º Chanfainalab ao completo

  • Candela e Andrea na procura da natureza

  • Candela Conde presenta "Eu quero unha pipa"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, naturezas, visitantes, San Sadurniño (parroquia), vídeos

Autor/a: Candela Conde

Compartir en: