Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Espantos e desencantos"

Ferreira, 2023

7ª Chanfaina Lab (16). Estrea: venres 2 de xuño do 2023
Dirección: Ariadna Silva
Son directo: Manuel García Vicente
Montaxe: Isaac Rivadulla, Ariadna Silva
Música: Carlos Gil, Manuel García Vicente,Pla Vinseiro
Con: Cruz Piñón
Sinopse: “Cruz Piñón ten unha horta, unha vaca e moitas froiteiras. O seu refuxio é a súa casa. O mundo, en cambio, está cheo de males que dalgún xeito terá que espantar”
Duración: 8' 10"
Foi gravado en Piñeiros, parroquia de Ferreira. dentro do programa da 7ª Chanfainalab. Seleccionada no Play Doc de Tui no 2023



Ariadna Silva Fernández (A Estrada, 1996) traballa coa fotografía e o cinema documental como soportes de creación artística. Graduada en Comunicación Audiovisual, Master en Fotografía Artística e Documental e Máster en Servizos Culturais. Na súa obra constrúe unha mirada sensible e crítica arredor de temas de interese social. Investiga os conceptos de desmemoria, identidade e territorio desde o seu contexto máis próximo mediante proxectos que abordan os ecocidios, as paisaxes naturais e humanas ou a autobiografía. En 2022 recibe o Premio CREA a mellor dirección de curtametraxe documental por "O intruso". En 2020 estrea "Cartografía do esquecemento" , a súa primeira peza audiovisual como directora, unha curta que forma parte dun proxecto artístico multidisciplinar e que foi seleccionada nalgúns festivais galegos de referencia. Como fotógrafa recibiu premios como o Xuventude Crea, foi finalista no Emergentes International Photography Award do Encontros da Imagem (Portugal), publicou en numerosas revistas nacionais e internacionais, o fotolibro "Fillos do vento" (Banco Editorial) e expuxo en festivais como PHotoEspaña.

Ariadna chegou a Chanfaina cos deberes feitos pois tiña un fío do que tirar. A idea do espantallo como recurso metafórico e narrativo xa a empregara nunha pequena curta (dun minuto de duración) titulada "Atila" coa súa nai como protagonista: "Nesa curta usamos o espantallo para "escorrentar" o covid xusto despois do confinamento. En Ferreira retomei a metáfora para desenvolvela no contexto do Chanfaina Lab, onde o rural é un dos elementos protagonistas xunto con todo o imaxinario de cultura popular que o rodea. Contactei directamente con Cruz Piñón; coñecía o proxecto “Teño unha horta en San Sadurniño”, vin os seus vídeos e chamoume moito a atención a súa personalidade. Interesábame atopar a alguén como Cruz, unha persoa moi carismática, divertida e chea de vida co propósito de evocar a súa historia persoal de superación e así crear resonancias con outras experiencias vitais. É dicir, que outra xente se puidese sentir identificada, dalgún xeito, coa súa historia. Ademais, encántame empregar a retranca e introducir dobres lecturas no relato, e con Cruz foi unha tarefa moi doada, mesmo de creación conxunta".


"Espantos e desencantos" encaixa no xénero documental de tipo performativo. É unha modalidade de documental na que a cineasta estradense xa leva traballando en curtas anteriores: "Ademais, tamén é un tipo de narrativa que teño como fonte de inspiración. Neste sentido, a obra de Agnès Varda ou Xacio Baño é unha referencia fundamental. Tamén influíume o documental "Muchos hijos, un mono y un castillo", de Gustavo Salmerón, onde constrúe unha personaxe cinematográfica a partir dunha persoa real. Con "Espantos e desencantos" buscaba precisamente iso, inspirarme nuns rasgos de personalidade concretos para desenvolver a historia de xeito creativo, distendido, espontáneo e sen obviar a experiencia real da protagonista. Interésame falar do xeral dende o particular, cun pé entre a realidade e a ficción (ou máis ben, o ficcionado, o performado, o escenificado). En canto ao tratamento visual, préstolle moita atención e coidado á composición dos planos, á calidade da imaxe e a potencia visual da mesma. Procuro unha sensibilidade estética, poética e reflexiva". E nesta peza conseguiu acadar todos os seus obxectivos. Ariadna ofrécenos a luminosa actualización dunha das máis coñecidas e bravas veciñas de Ferreira. Unha ollada orixinal e positiva do universo rural, case a contrapé de varias producións profesionais recentes do audiovisual galego. Amén por Ariadna.

Fotografías de César Galdo

  • "Espantos e desencantos"

  • Ariadna e @s chanfaineir@s na presentación da VII edición

  • Ariadna e Manuel na exposición sobre "O bosque animado"

  • Ariadna na exposición sobre "O bosque animado"

  • Manuel García e Ariadna na plantación da árbore conmemorativa do VII Chanfaina Lab

  • Ariadna e Manuel na foto de familia da VII Chanfainalab

  • Ariadna Silva na "Eira de cineastas"

  • Ariadna nas verzas

  • O espantallo de Cruz

  • Manuel e Ariadna nas verzas

  • O músico e sonidista Manuel García Vicente

  • Cruz Piñón preparada para o paseo

  • Ariadna en acción

  • Cruz Piñón nas verzas

  • Cruz e o espantallo

  • Ariadna Silva gravando "Espantos e desencantos"

  • Ariadna presentando "Espantos e desencantos" na premiere mundial

  • O público expectante na gala da Chanfainalab

  • Ariadna Silva na foto de familia na gala da VII Chanfaina Lab

  • Cartel da curta "Encantos e desencantos"

  • Ariadna Silva presenta a curta "Encantos e desencantos"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, Ferreira, Horta de Cruz, labregos e labregas, muller, visitantes, vídeos

Autor/a: Ariadna Silva

Vídeos:
"Cruz Piñón".Xisela Franco.2014

Compartir en: