O día a día de mestres e cativos nas escolas de San Sadurniño : aldea de verán, CPI San Sadurniño, escolas, colexio das monxas, nenos e nenas
Riboira, Lamas, 1906
Os xornais de outubro de 1906 denunciaban o abandono escolar que estaba a sufrir a parroquia de Igrexafeita coa escola pechada durante case un ano e un mestre que "entiende del asunto lo que nosotros de cantar misa".Xa en maio do mesmo ano o notario-poeta García de Quevedo denunciaba, -dentro da súa campaña anticaciquil- á corporación municipal presidida por Ángel García Fernández pola crítica situación da escola mixta incompleta de Lamas, pechada dende febreiro e sen mestre algún. Corenta e cinco veciños da parroquia acudiron ao notario para reclamar ao Gobernador Civil unha solución para o ensino dos seus fillos e poñer "coto a la anarquía docente que reina en la escuela de Lamas tan inaudita que no tendrán precedentes en la península ibérica" . O cronista remata animando aos veciños de este "desventurado distrito municipal a redimirse de las garras del caciquismo, verdadera lepra de este municipio"