Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

natureza

San Sadurniño é un paraíso natural. Os miradoiros naturais da Serra de Forgoselo , brava área natural protexida pola Rede Natura 2000; A pena do Rei Mouro, un dos meirandes conglomerados de seixo de Galicia; O Coto Agudo cun absoluto control visual de toda a contorna; o Pico San Vicente, onde se mesturan lenda e historia; os paseos fluviais do Río Xuvia e o río Aceiteiro con máis de 4 km ás beiras do río; O río Castro que destaca polo seu valor natural, ecolóxico e paisaxístico considerado como Lugar de Interese Comunitario; As paisaxes megalíticas, as áreas recreativas das sete parroquias, as máis das 100 fontes do Concello, o arboreto ou a horta de conservación de froitas autóctonas conforman un Concello cun extraordinario patrimonio natural e paisaxístico.

"Erosión"

O Forgoselo, 2024

8ª Chanfaina Lab (12). Estrea: venres 5 de abril do 2024
Guión, cámara, dirección e montaxe: Ángela Arnosa
Sinopse: "O sentir da eternidade da erosión das rochas do Forgoselo materialízase na efémera interacción coa materia viva."
Duración: 2’ 53’’
Gravado na Serra do Forgoselo, dentro do programa da 8ª Chanfainalab



Ángela Arnosa (Naraío, 1996) é graduada en Química e estudante de doutoramento en Ciencia de Materiais. O seu entusiasmo coa ciencia e a comunicación levárona a desenvolver unha inclinación pola divulgación científica, que xa lle valeu algún que outro premio. Ángela foi desde sempre unha activa espectadora de obras do audiovisual galego. Hai uns anos deu un paso para poñerse diante da cámara con pequenos papeis en curtas e series web, así como en filmes producidos no marco da Chanfaina como "Sibila" de Carla Andrade ou "Breixo" de Kevin Lorenzo e Javier Seoane. Todas esas inquedanzas culturais e artísticas foron o detonante de que Ángela se puxera do outro lado da cámara e debutar, ao fin, como cineasta con voz propia. Así, nas pasadas edicións presentou as súas primeiras curtas, “Síntese”, “Un ninguén máis” e “Porte exprés”.

Angela se desenvolve no audiovisual a par que a súa curiosidade científica, probando sempre cousas novas, aproveitando calquera oportunidade para aprender e mellorar mediante a participación activa noutras pezas dos chanfaineiros como "Pedro Chosco" de NaraíoMedia ou "O pano de seda" de Kevin Lorenzo. Nesta ocasión o detonante da súa curta foi a ruta xeolóxica polo Forgoselo: "Durante a visita guiada ao Forgoselo co xeólogo Fran Canosa, no día de presentación, decidín centrar a peza no fenómeno da erosión. Nun principio, pensei en focalizar a curta unicamente nas propias rochas. Xogar coa perspectiva dos planos como recreación do afloramento do granito por erosión do material superficial. A idea evolucionou durante os días de rodaxe, pois sentín a necesidade de incluír outros elementos da contorna. Empregar as rochas de forma illada non reflectía a esencia do lugar. Descartei entón a idea de incluír calquera tipo de explicación narrada como pensara para a idea orixinal, que me pareceu que interferiría rompendo a atmosfera evocada. Unha peza que tiven presente na elaboración da curta foi “Superficies: Forgoselo (Granito)” de Alberte Pagán. Aínda así, filmei o que me apeteceu e me suxeriu algo interesante no momento".

"Erosión" non é un documental científico ao uso, porque a cineasta pretendía ofrecer tamén un espectáculo visual da beleza do Forgoselo e a súa persoal ollada da paisaxe telúrica da Serra: "A peza final mestura as consecuencias dun proceso de erosión que comezou hai millóns de anos coa interacción entre as rochas erosionadas, as plantas e os animais. Os efectos da erosión perduran no tempo no que parece unha eternidade ao comparalos coa escala temporal da materia viva. As marcas en forma de fisuras deixadas pola circulación, a auga, as pías creadas pola degradación química e procesos físicos, todo ese desgaste externo xunto coas formas de interior (como os bolos) desveladas pola erosión... Son as explicacións xeolóxicas as que estruturan a peza, mais tratadas dun modo particular e persoal. “Erosión” non busca explicar, senón transmitir" . A paisaxe de pedra, coas pías, os bolos e as pedras cabaleiras graníticas e os toxos, brañas e cabalos convértense nun marabilloso espectáculo que procura a xeoloxía dende a beleza. A creadora Ángela Arnosa volve a sorprendernos co seu selo único e orixinal que só pode agromar dunha científica e poeta ao tempo.
Fotografías César Galdo

  • "Erosión"

  • Ángela na Cortiña con cineastas da 8º Chanfainalab

  • Anxela ollando a plantación do Sanguiño, arbore da 8º Chanfainalab

  • Anxela de camiño á deusa Navia

  • Foto conmemorativa da plantación da árbore da 8º chanfainalab

  • Ángela escoitando atentamente ao xeólogo Fran Canosa

  • Ángela Arnosa na fotografía oficial da 8º Chanfainalab

  • Ángela na "Eira de cineastas"

  • Cineastas da 8º Chanfainalab na "Eira de cineastas"

  • Ángela na Exposición sobre a historia da Chanfainalab

  • Angela Arnosa no concerto homenaxe a Jose Gil

  • Ángela recollendo a súa Lola Chanfaineira

  • Público asistente á gran gala da VIII Chanfainalab

  • Ángela, falando de "Erosión"

  • Ángela co resto de cineastas da 8º Chanfainalab

  • Ángela Arnosa presenta "Erosión"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, Forgoselo, videocartografías, roteiros, naturezas, vídeos

Autor/a: Angela Arnosa

Vídeos:
"Teses en Tres Minutos'
Deseño e caracterización de materiais nanoestruturados
Obtención de indicador de col lombarda

Compartir en: