Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

"Electra"

Vista Alegre (Neda) e San Sadurniño, 2018

5ª Chanfaina Lab (14). Estrea venres, 17 de maio do 2019.
Idea, dirección, cámara e produción: Carmen Bouza, Carmen Couce, Consuelo Picos, e Cruz Piñón.
Edición: Carmen Suárez
Canción: "Si me cortan la luz". Orquesta Dan Dem
Protagonistas: Manuel Ángel Orosa Saavedra e Mª Mercedes Orosa Saavedra
Sinopse:"En pleno século XXI a histórica Electra de Naraío segue a ser a primeira e única empresa de electricidade do concello de San Sadurniño"
Duración: 19' 05''
Gravado en diferentes localizacións de Vista Alegre (Neda) e San Sadurniño do 31 de agosto ao 2 de setembro do 2018 dentro do programa da 5ª Chanfainalab.


Carmen Bouza (Lamas 1948), Carmen Couce (Lamas 1949), Consuelo Picos (Igrexafeita,1945), Cruz Piñón (Ferreira 1953) e Lucita Pita (Naraío, 1937), veteranas colaboradoras de "Fálame de San Sadurniño", crearon o proxecto "Teño unha horta en San Sadurniño" no ano 2015 co obxectivo de difundir e compartir o coñecemento e a experiencia das mulleres nos traballos do campo. Na súa canle de Youtube- arredor de 70 vídeos publicados- dan a coñecer as labores agrícolas ensinando trucos e tarefas tradicionais da agricultura galega. O proxecto acadou un grande éxito mediático con 510.000 visualizacións e 2.300 subscritores, e xa recibiu unha morea de premios e recoñecementos como o "mellor web serie en VO" no Carballo Interplay, "Mellor vídeo-opinarmos" en Youtubeir@s, ou o premio como "mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores", outorgado pola fundación DomusVi. de Madrid, entre outros moitos recoñecementos e considerado xa como un referente na rede. As cinco mulleres -xa como cineastas- sorprenderon na 4º Chanfainalab coas pezas "Historia do cisne, o atún e a troita" e "Boniatos no país do sol poniente"

Nesta edición colaboraron -como todos os anos- na orgaización da chanfainalab, axudando aos cineastas no que podían, dende a localización e produción, ata o reparto e interpretación noutras pezas como "Breixo", "A rapaza que borboriñaba aos cabalos", "Rexistros. Xeografía de San Sadurniño" ou “Non teño dono". Tamén asistiron aos cursos de iluminación básica (Alberte Branco) e gravación de son (Carlos Suárez). Mais apostaron novamente por producir un filme relacionado coa memoria colectiva do século XX e que elas viviron en primeira persoa: "Parecíanos interesante que se falara de algo tan importante como é a luz. Queríamos amosar aos máis novos o que hai detrás cando lle dan ao interruptor da luz. Non sabíamos si os actuais propietarios da fábrica da luz ían a querer colaborar, mais os irmáns Orosa aceptaron a nosa proposta moi amablemente. Non queríamos esquecer algo que consideramos importante como esta empresa que leva case 100 anos funcionando."

"Electra" é un documental de narrativa clásica, en canto á súa estrutura, -concibida para a divulgación- e armada sobre as entrevistas, imaxes e fotografías que van tecendo na historia local e recuperan un feito sobranceiro na vida cotián do século XX. A pesares de parecer unha historia local ten, sen embargo, interés universal; os actuais propietarios da "Electra" tamén abordan algúns dos grandes problemas do presente: o oligopolio das grandes empresas eléctricas, os eucaliptos, a vida cotián e a despoboación do rural, a emigración, ect: “O vídeo fainos retroceder á época do candil, para lembrar as primeiras bombillas que alumearon nas nosas casas e cómo foron evolucionando ao longo do tempo.Foi un milagre pasar do candil á luz eléctrica. Honra moito aos dous irmáns Orosa que sigan a manter o que tanto traballou o seu avó e os seus pais e pretendemos valorar publicamente a saga dos Orosa". En resumo, un gran traballo documental que co tempo converterase nun clásico da historia da memoria de San Sadurniño e na que tamén ficará patente a humanidade de Manuel Ángel e Mª Mercedes Orosa Saavedra.
Fotografías de Cesar Galdo e Gabriel Tizón.

  • "Electra"

  • As cinco youtubeiras de San Sadurniño

  • No curso de iluminación básica de Bertichi.

  • No curso de gravación de son de Carlos Suarez.

  • Facendo prácticas de gravación de son no río Xuvia.

  • No curso de gravación de sons de Carlos Suarez.

  • C@s chanfaineir@s na sesión inaugural

  • Atendendo as explicacións na Aula Cemit

  • C@s cineastas da Chanfainalab

  • Capturando sons por Sansa

  • Cruz de paseo con Helena e Samuel

  • As youtubeiras na prantación do castiñeiro da Chanfaina

  • Cruz dándolle duro na plantación do castiñeiro da chanfainalab

  • Lucita dándolle duro na plantación do castiñeiro da chanfainalab

  • As cinco youtubeiras de San Sadurniño na foto oficial da 5º chanfainalab

  • Carmen, Maruxa, Cruz e Consuelo

  • Cruz Piñón na 5º chanfainalab

  • Consuelo Picos na 5ª chanfainalab

  • Lucita na 5ª chanfainalab

  • Cruz e Carmen Bouza (Maruxa)

  • De excursión por Sansa c@s chanfaineir@s

  • Cruz, Carmen e Maruxa na estrea de "Electra"

  • Cruz Piñón presentando "Electra"

  • Carmen Bouza (Maruxa), presentando "Electra"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: creador@s, emprendedor@s, empresas de servizos, familias, máquinas, Naraío, San Sadurniño (Concello), tecnoloxía, vídeos, Chanfaina'Lab, emigración, castelo de Naraio

Autor/a: "Teño unha horta"

Vídeos:
"Historia do cisne, o atún e a troita"
Así facemos Teño unha horta en San Sadurniño
"Boniatos no país do sol poniente"

Compartir en: