Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
San Sadurniño, 2007
Elección anterior, 2003
As oitavas eleccións municipais celebráronse o 27 de maio de 2007. Votou o 73,35 % do censo electoral, dous puntos mais que nas eleccións do 2003.
Sorpresivamente o Partido Popular de Constantino Bedoya, descende en apoio electoral, acadando 974 votos, o que representa o 43,3% dos electores, perdendo dous concelleiros. Quédase con cinco representantes na corporación:
Constantino Bedoya Vázquez.
José Serafín Gudín Sabín (Bardaos)
Hipólito Díaz Silva.(Monte)
Juan Antonio Hermida Tembrás. (Lamas)
José Romero Ledo (Igrexafeita)
O segundo partido mais votado foi o "BNG", que duplica o seu apoio electoral con 929 votos e o 41,33 % dos electorado e cinco representantes no Concello (antes tiña dous).
Secundino García Casal.
Manuel Varela Mecías, (Naraío)
Xosé López Gudín, (San Sadurniño).
María del Carmen Muiño Filgueira
Suso Soto Vivero, (Naraío)
O terceiro partido foi o PSOE, quen mantén o seu apoio electoral ata o 14,68% do electorado (330 votos), acadando só un concelleiro.
Fernando Márquez Hermida..
Aos poucos días, os cinco edís do BNG acadarán un pacto de goberno co representante do PSOE. Por vez primeira na historia, San Sadurniño terá un alcalde nacionalista, Secundino García Casal (2007-?).
Seguintes eleccións en 2011