Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Eleccións municipais 2003

San Sadurniño, 2003

Elección anterior, 1999
O 25 de maio do 2003 celebráronse as sétimas eleccións municipais. Votou o 71,49 % do censo electoral, cinco puntos menos que nas eleccións de 1999.

O Partido Popular de Constantino Bedoya, segue a manter a súa avantaxa electoral, acadando de novo a maioría absoluta cun 58,68% (1.318 votos), o que lle outorga sete concelleiros:
Constantino Bedoya Vazquez
Juan Antonio Hermida Tembrás (Lamas)
José Serafín Gudín Sabín (Bardaos)
José María Hermida Hermida
Faustino Cebreiro Paz
Angel Naveiras Bermúdez
José Romero Ledo (Igrexafeita)

O segundo partido mais votado foi o "BNG", que tamén incrementa o seu apoio electoral con 607 votos e o 27,03 % dos electorado e tres representantes no Concello (antes tiña dous):
Secundino García Casal.
Manuel Varela Mecías, (Naraío)
Xosé López Gudín, (San Sadurniño)

O terceiro partido foi o PSOE quen perde apoio electoral ata 12,87% (289 votos), acadando só un concelleiro.
José Luis Rico Pouso (San Sadurniño)

Así pois, á vista dos resultados gobernará con maioría absoluta (2003-2007) o alcalde Constantino Bedoya, (PPd G), que non precisará pacto algún de goberno.

Seguintes eleccións en 2007

  • Eleccións municipais 2003

  • Resultado eleccións municipais en San Sadurniño (1979-2015)

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: San Sadurniño (Concello), estatísticas

Autor/a: Fálame

Compartir en: