Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
San Sadurniño, 1999
Eleccións anteriores, (1995)
As sextas eleccións municipais celebráronse o 13 de xuño de 1999 e votou o 76,77 % censo electoral, un punto máis que nas anteriores municipais de 1995.
O Partido Popular de Constantino Bedoya, segue a incrementar a súa avantaxe electoral, acadando de novo a maioría absoluta cun 56,33% (1.321 votos), o que lle outorga sete concelleiros, (gañando un edil respecto as eleccións de 1995).
Constantino Bedoya Vazquez
José Manuel Aneiros Rodríguez
José Serafín Gudín Sabín (Bardaos)
José María Hermida Hermida
Faustino Cebreiro Paz
Angel Naveiras Bermúdez
José Romero Ledo (Igrexafeita)
O segundo partido mais votado foi o BNG, que duplica os seus votos (531), o 22,64 % do electorado e dous representantes no Concello.
Secundino García Casal.
Manuel Varela Mecías, (Naraío)
O terceiro partido foi o PSOE quen baixa o seu apoio electoral ata 19,57% (459 votos), perdendo un concelleiro.
Martín Sanjurjo Sixto
José Hermida Castro (Ferreira)
Así pois, á vista dos resultados gobernará con maioría absoluta (1999-2003) o alcalde Constantino Bedoya, (PPd G), que non precisará pacto algún de goberno.
Seguintes eleccións en 2003