Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Eleccións municipais 1983

San Sadurniño, 1983

Elección anterior (1979)
As segundas eleccións municipais celebradas o 8 de maio de 1983 contaron cunha participación de poco mais da metade do censo electoral, o 55,19 % do electorado.
O PSOE de Manuel José Lamas consegue ser a a listaxe mais votada cun 41,55 % dos votos (833 votos) que lle outorgaron cinco concelleiros. Por vez primeira na historia, San Sadurniño terá un alcalde da esquerda.
Os cinco concelleiros socialistas foron:
Manuel José Lamas Soto
Angel Casal Novo. (Abandona o PSOE en 1986).
Andrés Muíño Rañal (Bardaos)
José Antonio Grandal Carballo (Naraío)
José Manuel Sixto Vila (Lamas)

O segundo partido foi a candidatura "INDEPENDIENTE de San Sadurniño" cun 37,66 % dos votos (755 votos) e catro concelleiros:
Antonio Hermida Hermida
Eladio Fraga Redondo (1929-2008). (Naraío)
Juan Antonio Hermida Tembrás (Lamas)
Ubaldo Meizoso Romero

O terceiro partido mais votado foi ALIANZA POPULAR quen se presentaba por vez primeira obtendo 417 votos (20,8% do electorado) e dous concelleiros:
Constantino Bedoya Vázquez
Hipólito Yáñez Cascudo (Igrexafeita, 1955-2016)

No pleno de constitución do Concello para a elección do alcalde, os concelleiros de Alianza Popular abstivéronse, polo que o socialista Manuel José Lamas acada o bastón municipal.

Seguintes eleccións en 1987

  • Eleccións municipais 1983

  • Gráfico electoral (1979-2015)

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: estatísticas, San Sadurniño (Concello)

Autor/a: Fálame

Compartir en: