Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

xentes

Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.

Domingo Vicente Rivera, alcalde

Agra de abaixo, San Sadurniño, 1842

Alcalde de San Sadurniño (1842)
Pouco sabemos polo de agora deste pequeno propietario e veciño de Lamas que xa fora tenente alcalde na corporación municipal de Antonio Sisto nos comezos do Concello en 1838. Debía ser polo tanto un home de boa posición económica e idade avanzada. O que si pode asegurarse é que foi elixido polos veciños como sexto alcalde, do mesmo xeito que o resto de compañeiros da corporación, para substituir a Pedro Riobó. Estamos no último ano da Rexencia de Espartero e segue vixente a autonomía municipal que será anulada polo xeneral Narváez o vindeiro ano de 1843.
Os concelleiros municipais de Domingo Vicente Rivera son practicamente os mesmos que nas corporacións anteriores: Pedro Couce, 1º tte (Monte) ; Manuel González (Lamas); Pedro Soto y Malde (Naraío); Andrés Canosa (Bardaos); Vicente Sisto (SS); José Goti (Ferreira); Andrés García (Igrexafeita) e Antonio Vigo, síndico (Ferreira).

O único tema omnipresente nas escasas actas municipais de 1841 refírense á situación económica do Concello que está ao límite. Mesmo o pleno está disconforme cos repartimentos provinciais - impostos que teñen que abonar os concellos- que lle “tocan" a San Sadurniño. Pretenden revisar todos os gastos por contribucións dos últimos catro anos, entre eles o de "Guerra" -que xa rematou- e outros como o de" paja e utilidades" o do "4% de frutos ao clero", etc, porque consideran que estase pagando de mais por un decimal mal colocado polo secretario municipal Sr Brandariz O alcalde vese impotente: “teniendo en consideración la falta de fondos, sin que se cuente con la más mínima cantidad para atender los gastos ordinarios de la corporación, no hay medio de atender las necesidades del ayuntamiento sin poner impuestos o arbitrios en perjuicio de los ciudadanos, que ya están suficientemente agobiados“. De feito, solicítase ao Goberno provincial que subvencionen os gastos de funcionamento do Concello. Malia escasa documentación existente relativa a este alcalde, semella que o municipio está en situación de desgoberno económico-administrativo por mor da actuación do secretario municipal José Ramón Brandariz. De feito, a primeira medida do seguinte alcalde Pedro Vigo será o seu cese fulminante.

Domingo Vicente Rivera, alcalde

Comentarios

Máis imaxes

Temas: San Sadurniño (Concello), Lamas, xente, Alcaldes de San Sadurniño

Compartir en: