Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,
San Sadurniño, 2015
2ª Chanfaina'Lab (20). Estrea venres, 8 de xullo do 2016
Director: Gabriel Tizón
Sinopse: "Unha ollada moi persoal ao territorio e cineastas da Chanfaina a través da cámara fotográfica de Gabriel Tizón."
Duración: 9’
Fotografías tiradas nos días 5 e 6 de setembro do 2015 polas sete parroquias de San Sadurniño dentro do programa da Chanfainalab.
O grande fotógrafo ferrolán Gabriel Tizón ten unha impresionante traxectoria como fotógrafo en múltiples países, contextos e circunstancias. Dende o ano 2000 ten realizado unhas 300 exposicións colectivas e 100 individuais tanto en España como por todo o mundo. A súa obra está presente en coleccións públicas e privadas e acadado premios e recoñecementos en numerosos certames e concursos de fotografía. Nos últimos anos o fotógrafo tamén está a desenvolver proxectos solidarios a través de asociacións como "Causas Común". Gabriel colabora habitualmente co Concello de San Sadurniño en proxectos singulares como "Fútbol que fala" ou "Miradas novas".
Como xa fixera o ano pasado Gabriel agasallounos coa súa xenerosidade e achegouse á Chanfaina por segunda vez, disposto a enxergarse no territorio e o traballo dos cineastas invitados: "Desta volta tentei fusionar os personaxes coa paisaxe, unha mestura entre cineastas chanfaineir@s, os propios “retratados” e os espazos que forman parte do entorno dos protagonistas. Todo elo dende o meu punto de vista persoal conformando unha colección de fotografías sinxelas, moi fieis ao meu estilo de traballo, xa que me limitei a aproveitar o que tiña diante e fusionar creadores, seres vivos e paisaxe..."
Así pois, "Dende a orixe" é un fermoso colofón á Chanfaina 2015, onde poderemos ver a creadores, veciños e veciñas enxergados nos espazos de gravación dende os ollos de Gabriel Tizón. Unha peza que sintetiza á perfección o espírito da Chanfainabab: un encontro de cineastas que proxectan a súa mirada creativa con liberdade sobre o microcosmos das xentes e o territorio de San Sadurniño.
Temas: Chanfaina'Lab, cinema, San Sadurniño (Concello), vídeos, visitantes
Autor/a: Gabriel Tizón
Fotógrafo/a: Gabriel Tizón
Vídeos:
"Lesbos, a illa que non flota"
Entre Nós (Galicia)
Realidades cercanas
"África, sueños y mentiras".