Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
San Sadurniño, 1880
Durante o século XIX a poboación de San Sadurniño non deixou de medrar, a pesares da elevada mortalidade infantil, as duras condicións de vida, as deficientes condicións sociosanitarias e a emigración crecente a América. Podemos acreditalo cos datos de poboación de 1880, anos onde o balance demográfico é positivo -mais nacementos que defuncións- estabilizando a poboación do concello entorno aos 5.500 habitantes. O pico máximo de poboación do concello alcanzarase arredor de 1940 moi preto dos 7.000 habitantes.