O devalar no tempo do traballo: os labores agrarios e gandeiros, artesáns, as feiras, comerciantes e taberneiros: animais , bares e tabernas, emigración, feiras , gandería , labregos e labregas, oficios artesanais, tecidos, o traballo nas hortas datos estatísticos
Piñeiros, Ferreira, 2015
Chanfaina'Lab (10) Estrea sábado, 28 de marzo do 2015
Título: Cruz Piñón
Director: Xisela Franco
Axte dirección e son directo: Ánxela Caramés
Duración: 13' 17"
Sinopse: "Dítico visual con pantalla partida na que asistimos ás dúas facetas da vida de Cruz Piñón: a do día a día da muller do rural e a da muller con ganas de aprender e de non deixar escapar o mellor dun mundo novo"
Gravado en Piñeiros (Ferreira) os días 6 e 7 de setembro de 2014 dentro do programa da Chanfaina' Lab. Seleccionada no Festival Primavera do Cine de Vigo (2015). Premio Mellor Guión Galego Festival Curtocircuito 2015.
Xisela Franco é unha cineasta, documentalista e investigadora de prolífica traxectoria e ampla experiencia en todos os oficios do audiovisual. Ten traballado no cine e TV convencional, mais nos proxectos persoais anda sempre na procura de novos camiños da expresión audiovisual, cuestionando a propia identidade do cine para "redefinilo". A súa obra percorreu museos, festivais e exposicións internacionais. A última, nestes mesmos días na Cidade de Cultura de Santiago: "Santiago, olladas de perfil" .
Para a Chanfaina'lab, Xisela apostou por enxergarse na vida dunha veciña de Piñeiros (Ferreira). "Cruz Piñón" é un retrato poliédrico dunha grande muller, labrega, mais unha nova muller dende que descubriu as novas tecnoloxías. Para Xisela foi unha gran experiencia: "o contacto coa dignidade e autenticidade de Cruz fíxome mellorar como persoa". A peza forma parte dun conxunto de filmes que a propia Xisela denomina como “cine migrante” ou cine expandido, proxectos audiovisuais ideados especificamente para museos ou galerías e que se sitúan na fronteira do cine e a arte contemporánea. A curtametraxe está concibida para ser vista en dúas pantallas frontais. Cada unha das pantallas, mais a banda sonora, aportan informacións complementarias, de xeito que o espectador poda compoñer a súa propia mirada sobre Cruz, mais nesta ocasión teremos que conformarnos con vela en "polivisión·, a pantalla partida. "Cruz Piñón" é unha chamada ao optimismo, unha historia de superación e aprendizaxe que nos devolve a confianza na capacidade do ser humano para evolucionar continuamente ata a propia realización .
2015-04-07 12:36:24
Os meus paravens a San sadurniño pola súa crwatividade e proxectos.
Temas: animais, Chanfaina'Lab, cinema, gandeiría, labregos e labregas, Internet, muller, creador@s, vídeos, xente, visitantes, traballos, tecnoloxía, Ferreira, Horta de Cruz
Autor/a: Xisela Franco
Vídeos:
Vía láctea
Sculpture
Vistas postales de Lugo
Hyohakysha" (Caminante sin rumbo). Trailer