Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

Consulta Aberta

Bardaos e San Sadurniño, 2026

10ª Chanfaina Lab (2). Estrea: 27 de marzo do 2026
Director: Kevin Lourenzo
Duración: 5' 46 "
Sinopse: "O doutor Souto recibe a visita sorpresa das súas pacientes o primeiro día da súa xubilación e comezan a lembrar vellas anécdotas".
Equipo artístico: Salvador Rodríguez, Antonio Fraga, Kevin Lorenzo, María José Serantes, Cruz Piñón, Carmen Bouza, Carmen Couce, Bieito Beceiro, Lucía Pita, Cristina Piñeiro, Soraya Yáñez, Ángela Soto, Catalina Rodríguez, Alejandro Castro.
Dirección e guión - Kevin Lorenzo
Operador de cámara 1 e montaxe - Ángela Arnosa
Operador de cámara 2 - Iago Lourido
Banda sonora: Monoulious DOP. Os bos tempos
Gravado nas parroquias de Bardaos e San Sadurniño dentro do programa da 10ª Chanfainalab

Máis información sobre esta peza en: Chanfainalab



KEVIN LORENZO (Xixón, 1991) desenvolveu a súa formación en guión, dirección e interpretación. Participou en diversas producións audiovisuais como “O sabor das margaridas”, “Serramoura” ou “Lobos e cordeiros” entre outras. A súa curiosidade levouno tamén ao mundo da madeira, onde explora a súa evolución como material sostible. No 2023 debutou ao outro lado da cámara como director de “Navia” e no 2024 coa comedia "O pano de seda" e "Mírame" no 2025. Tamén desenvolve actividades de dinamización cultural e é membro activo do encontro de cineastas Chanfaina lab desenvolvendo varias accións formativas e xestionando a produción de numerosas pezas.

A idea da peza nace dunha obra de teatro que xurdiu dun proceso creativo interesante por parte dos propios protagonistas, no que se foron construíndo situacións e diálogos a partir das súas achegas. Posteriormente, esa historia adaptouse ao formato audiovisual coa intención de pasar un tempo divertido durante a gravación, facendo do proceso creativo unha experiencia agradable e compartida.
Na historia tamén se lle quixo dar ao doutor unha imaxe de poder e riqueza, rodeado de cociñeiros e criados. Para reforzar esa idea, a gravación realizouse no que foi o Pazo da Marquesa, un espazo que axuda a transmitir esa sensación de prestixio e poder, algo que contrasta coa realidade actual, xa que hoxe en día no rural cada vez escasean máis os doutores e o servizo médico resulta máis limitado.
Ademais, a curtametraxe ten tamén un ton reinvidicativo, inspirado na portada da revista "Pumariño" que existiu tempo atrás no Concello de San Sadurniño. A través dese detalle búscase facer unha pequena referencia á situación da sanidade no rural. A obra busca mostrar como os recordos e as pequenas historias do pasado poden unir ás persoas e dar valor aos momentos cotiáns.


Consulta Aberta

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Bardaos, creador@s, Chanfaina'Lab, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (parroquia), teatro, vídeos

Autor/a: Kevin Lorenzo

Compartir en: